Guia docente 2023_24
Facultade de Deseño
Máster Universitario en Deseño e Dirección Creativa en Moda
 Materias
  Deseño e Contorna Dixital
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Avaliarase a asistencia a sesións maxistrais planificadas ao longo do cuatrimestre, así como a participación activa en debates 10 B9
C3
C9
Resolución de problemas Plantexarase a resolución de exercicios a realizar en clase ao longo das diferentes sesións do cuadrimestre co obxectivo de asentar coñecementos 40 B4
B8
B9
C3
C4
C9
Resolución de problemas de forma autónoma Plantexarase a entrega de proxectos con carácter obrigatorio realizados de xeito autónomo baixo a titorización e guía do profesorado da materia 40 B4
B8
B9
C3
C4
C9
Estudo de casos Análise dun problema ou caso real, para interpretalo, resolvelo, xerar unha solución como forma de aplicar os conceptos teóricos na realidade. 10 B4
B8
B9
C3
C4
C9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Convocatoria ordinaria:

Avaliación continua

Realizarase unha avaliación continua ao longo do cuadrimestre. Para superar a materia o alumnado deberá entregar os exercicios plantexados en cada unha das clases e relacionados co contido de cada sesión, así como os traballos de carácter obrigatorio propostos.

Avaluación global
O estudantado que opte pola modalidade de
avaliación global deberá comunicarllo por escrito ao responsable da materia no
prazo máximo dun mes dende o inicio da docencia da materia e suporá a anulación
automática de todas as cualificacións obtidas polo método de avaliación
continua.

Aquelas persoas que se acollan á avaliación global deberán presentar todos os traballos solicitados ao longo do cuadrimestre (os mesmos que para evaluación continua) e presentarse a un exame teórico-práctico sobre os contidos abordados ao longo do cuadrimestre en datas oficiais de exames: día 11 de xuño ás 16 h

Convocatoria extraordinaria:

Nas convocatorias extraordinarias o alumnado deberá entregar todos os traballos solicitados ao longo do cuadrimestre que non foron presentados ou que recibiron unha cualificación de suspenso en convocatoria ordinaria.

Data oficial de convocatoria extraordinaria: 8 de xullo de 2024 ás 10 h
https://deseno.uvigo.gal/horarios-calendarios-e-avaliacions/
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000