Guia docente 2023_24
Facultade de Deseño
Máster Universitario en Deseño e Dirección Creativa en Moda
 Materias
  Deseño e Contorna Dixital
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición dos principais contidos teóricos da materia coa axuda de medios audiovisuais e software específico.
Resolución de problemas Actividades nas que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia dada de maneira específica en cada unha das clases da materia.
Resolución de problemas de forma autónoma O alumnado debe desenvolver de xeito autónomo a análise e resolución dos problemas e/ou exercicios de carácter obrigatorio marcados para o desenvolvemento máis persoal que poñan en práctica os coñecementos teóricos e prácticos abordados na materia.
Estudo de casos Análise dun problema ou caso real, coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, diagnosticalo e adentrarse en procedementos alternativos de solución, para ver a aplicación dos conceptos teóricos na realidade. O estudo de casos complementa ás sesións maxistrais.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000