Guia docente 2023_24
Facultade de Deseño
Máster Universitario en Deseño e Dirección Creativa en Moda
 Materias
  Ilustración de Moda
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Nivel de implicación. resolución de exercicios, probas ou outras actividades propostas nas sesións. 30
Resolución de problemas de forma autónoma Resolución material do PORTFOLIO 35
Obradoiro A cualificación final atenderá os seguintes criterios:

a) Volume de traballo
b) Interese experimental
c) Interiorización de usos procedimentales
d) Niveis de complexidade sensible e técnica
e) Interese plástico e expresivo
35
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A asistencia a clase é importante para o correcto desenvolvemento do curso.

O alumnado que siga a avaliación continua terá que entregar todos o traballos, exercicios e probas para ser avaliado nesta modalidade, así como cumprir coa asistencia obrigatoria.

Para superar a materia será necesario obter unha media de 5 calculando as porcentaxes detalladas en cada un dos bloques de
avaliación. É imprescindible ter un 4 como nota mínima en cada un dos bloques para que se proceda a calcular a nota media.

De non ter superada a materia en primeira convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas na segunda convocatoria.

O alumnado que opte pola modalidad non presencial,  (avaliación global) deberá superar unha proba/traballo  escrito de contidos
que lle dará dereito á valoración do resto de entregas. Para coñecer o detalle dos contidos e avaliación das entregas terán que contactar ao inicio da materia co profesorado responsable mediante as titorías.

SEGUNDA CONVOCATORIA

Os/as alumnos/as que non tiveran asistido ou non  cubran a porcentaxe obrigatoria de asistencia durante o curso académico ordinario, deberán superar unha proba escrita de contidos que lles dará dereito á valoración do resto de entregas. Para coñecer o detalle dos contidos e avaliación das entregas terán que contactar ao inicio da materia , co profesorado responsable mediante as titorías.

No caso de alumnos/as, que aínda asistindo regularmente a clase e presentando as entregas parciais puntualmente non logren
superar a materia, deberán presentar na segunda convocatoria so aquelas entregas nas que non alcanzasen a nota mínima de 5. As notas das partes aprobadas conservaráselles durante unha convocatoria. 

Para consultar as datas de examen:http://www.esdemga.uvigo.es/

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000