Obradoiro |
Dado que gran parte dos contidos son de aptitudes e de “saber facer”, é por isto que o tipo de aprendizaxe máis idónea é o baseado na proposta de exercicios e no hábito diario dentro da aula de EXERCICIO → RESOLUCIÓN → CORRECCIÓN → REPETICIÓN. Esta cadea metodolóxica baseada na repetición é o método máis rápido e eficaz de adquirir habilidades, a condición de que o alumnado participe diariamente desta actividade. Así pois, ao comezo de cada clase o profesor exporá o tema para traballar, para o que ademais dunha exposición realizará unha demostración práctica. A continuación, os alumnos tratarán de aplicar os conceptos explicados nos seus debuxos. |
|