Educational guide 2023_24
Facultade de Fisioterapia
Máster Universitario en Exercicio terapéutico en fisioterapia
 Materias
  Pilates terapéutico
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Consistirá en realizar una busca de 2 artigos científicos que traballen unha determinada patoloxía (ou síndrome ou sintomatoloxía), poboación ou grupo etario usando o método Pilates (con indicación do programa de Pilates aplicado) e analizar reflexivamente a adecuación de dita proposta. As indicacións e prazos de entrega publicaranse na plataforma de teledocencia Moovi. 20 A2
A3
B2
B3
C11
C12
C15
D1
D2
D5
D6
D8
Estudo de casos Consistirá na presentación dun programa terapéutico baseado no método Pilates vinculado a unha patoloxía, poboación ou grupo etario determinados. As indicacións e prazos de entrega publicaranse na plataforma de teledocencia Moovi. 40 A2
A3
B2
B3
C11
C12
C15
D1
D2
D5
D6
D8
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Cada estudiante entregará un informe das prácticas realizadas na materia, no cal tamén darán resposta a preguntas abertas formuladas nos casos clínicos analizados. As indicacións e prazos de entrega publicaranse na plataforma de teledocencia Moovi. Para poder presentar o informe, hai que asistir, cando menos, ao 80% das clases prácticas da materia. 40 A2
A3
B2
B3
C11
C12
C15
D1
D2
D5
D6
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado poderá solicitar a renuncia á avaliación continua informando ao coordinador da materia no prazo establecido.

Tanto neste caso como no caso de que o estudantado sexa avaliado na convocatoria de segunda oportunidade, a avaliación consistirá:

- un 50% a resolución de problemas e/ou exercicios tal e como se detalla na avaliación continua.

- un 50% un exame de preguntas obxectivas.

Para aprobar a materia o alumnado debe ter superados de forma independente tódolos apartados da avaliación e haber asistido ao 80% das clases prácticas. A non asistencia ás prácticas suporá a renuncia á avaliación continua.

O estudantado que teña unha das partes aprobadas gardaráselle dita parte para a seguinte convocatoria dentro do mesmo ano académico.

En calquera das
convocatorias, se o alumnado obtén unha cualificación numérica superior a 5,
pero non cumpre cos requisitos establecidos para aprobar a materia, obterá unha
cualificación de 4,5 (suspenso). En caso de ter cualificacións inferiores, poráselle a cualificación obtida.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000