Educational guide 2023_24
Facultade de Fisioterapia
Máster Universitario en Exercicio terapéutico en fisioterapia
 Materias
  Pilates terapéutico
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Clases teórico-participativas onde se fomentará a participación activa do alumnado e que introducirá e facilitará tanto os estudios de caso como o traballo da materia e as prácticas. Emprego de forma xenérica de medios audiovisuais. Darase información a través da plataforma de teledocencia Moovi.
Prácticas de laboratorio Nas prácticas seguirase unha metodoloxía demostrativa cunha análise razoada dos exercicios que compoñen o programa de prevención e/ou tratamento baseado no método Pilates. Darase información a través da plataforma de teledocencia Moovi.
Estudo de casos Presentarase ao alumnado unha situación clínica real á cal deben dar unha solución en base ao uso do método Pilates. Elaborarase en pequeno grupo.
Traballo tutelado Os traballos implicarán un papel completamente activo por parte do alumnado. Conlevará dar solución a un problema e/ou resolver reflexivamente un exercicio exposto polo docente basándose no método Pilates (elaborado en pequeno grupo). Ademais, comprenderá a realización dun informe de prácticas onde deben describir as tarefas desenvolvidas e dar xustificación ás preguntas abertas expostas nas mesmas (elaborado de forma individual). Darase información a través da plataforma de teledocencia Moovi. O docente exercerá un papel de orientador e apoio no proceso de elaboración do traballo en cada grupo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000