Guia docente 2022_23
Facultade de Fisioterapia
Máster Universitario en Exercicio terapéutico en fisioterapia
 Materias
  Exercicio terapéutico en persoas maiores
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Cartafol/dossier O alumnado deberá redactar un cartafol no que recolla a descrición dunha das ferramentas de medición da capacidade funcional das persoas maiores achegando polo menos tres evidencias (publicacións) do seu uso en persoas maiores e un comentario final no que presente fortalezas da ferramenta e limitacións das mesmas, con referencia á súa aplicación ou aos resultados que xera. As instrucións acerca da elaboración e prazos de entrega deste cartafol publicaranse na plataforma de docencia Moovi no espazo específico da materia. 30 A3
B1
B3
C12
D1
D5
D8
Traballo O alumnado en grupos de 4-5 alumnos/as deberá elixir unha patoloxía prevalente entre as persoas maiores e realizar unha procura de polo menos 3 estudos clínicos que empreguen algunha modalidade de exercicio terapéutico en devandita patoloxía. Entregará un arquivo en PPT con audio asociado no que se presente os resultados de forma gráfica dos estudos seleccionados e as súas características principais ademais de presentar unhas conclusións resumidas da análise realizada. 50 A2
A3
B1
B2
B3
C11
C14
D1
D5
D6
D8
Estudo de casos En grupos de 2-3 alumnos/as e seguindo un exemplo de caso clínico desenvolvido nas sesións presenciais, o alumnado debe presentar unha proposta diferente de estratexia de avaliación da capacidade funcional ou ben unha proposta diferenciada de protocolo de exercicio terapéutico destinado a diminuír ou frear as limitacións funcionais presentadas polo paciente. As orientacións máis detalladas do desenvolvemento do caso e forma de entrega publicarase na plataforma de docencia Moovi no espazo específico da materia. 20 A2
A3
B1
B2
B3
C11
C12
C14
D1
D5
D6
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000