Educational guide 2023_24
Facultade de Fisioterapia
Máster Universitario en Exercicio terapéutico en fisioterapia
 Materias
  Exercicio terapéutico no tratamento de enfermidades neurodexenerativas e na diversidade funcional
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Exercicio terapéutico no tratamento de enfermidades neurodexenerativas e na diversidade funcional Código P05M191V01107
Titulación
Máster Universitario en Exercicio terapéutico en fisioterapia
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
3 OB 1 1c
Lingua de impartición
#EnglishFriendly
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Coordinador/a
Monge Pereira, Esther
Correo-e esther.monge@uvigo.es
Profesorado
González González, Yoana
Monge Pereira, Esther
Web
Descrición xeral Esta materia está enfocada á aprendizaxe dos coñecementos teórico-prácticos que debe de ter un fisioterapeuta especializado en implementar programas de exercicio terapéutico en persoas que padecen as consecuencias dunha disfunción do sistema neuromusculoesquelético.
Abordaranse os beneficios da práctica adecuada de exercicio terapéutico naqueles pacientes con disfuncións neuromusculoesqueléticas, xa que para que esta sexa beneficiosa, debe estar axustada ás capacidades da persoa, respectando as súas limitacións e favorecendo a súa funcionalidade.
Para iso, os/as estudantes adquirirán a formación e o coñecemento que lles permita valorar o estado do paciente e permítalles propor o exercicio axustado ao seu nivel funcional, tendo en conta aquelas prácticas de exercicio que poidan ser contraproducentes. Ademais, adquirirán competencias para guiar a práctica de exercicio terapéutico.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000