Educational guide 2023_24
Facultade de Fisioterapia
Máster Universitario en Exercicio terapéutico en fisioterapia
 Materias
  Exercicio terapéutico no tratamento de patoloxía musculoesquelética e recuperación do deportista
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Cartafol/dossier O alumnado terá que elaborar un cartafol das sesións prácticas 20 B2
C10
C12
D3
Observación sistemática O alumnado será avaliado nas actividades que se propoñan nas sesións prácticas e teóricas 40 A2
B1
C9
C10
C11
C12
C13
D7
D8
Traballo O alumnado realizará o traballo proposto polo docente 40 A2
A3
B2
C9
C10
C11
C13
D3
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado poderá solicitar a renuncia á avaliación continua informando á coordinadora da materia no prazo establecido.

De ser así, a avaliación será: 60% o traballo e 40% exame de preguntas obxectivas.

Para aprobar a materia o alumnado debe ter superados de forma independente todos os apartados de avaliación e asistir ao 80% das clases prácticas. A non asistencia ás prácticas supón a perda á avaliación continua. 

O alumnado que teña unha das partes aprobadas gardaráselle a parte superada para a seguinte convocatoria dentro do mesmo ano académico. 


 2ª oportunidade 

 O alumnado podar examinarse do 100% da materia nesta oportunidade, a través de 60% o traballo e 40% exame de preguntas obxectivas.

 Para aprobar a materia débense ter superados de forma independente ambas as probas de avaliación 

 En calquera das convocatorias se o alumnado obtén unha cualificación numérica superior a 5, pero non cumpre os requisitos establecidos para aprobar a materia terá unha cualificación de 4,5 (suspenso). En caso de ter cualificacións inferiores poñerase a nota obtida

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000