Educational guide 2023_24
Facultade de Fisioterapia
Máster Universitario en Exercicio terapéutico en fisioterapia
 Materias
  Exercicio terapéutico no tratamento de patoloxía musculoesquelética e recuperación do deportista
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A2 Que os/ as estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
A3 Que os/ as estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B1 Saber traballar en equipos que se estruturan de forma uni ou multidisciplinar e interdisciplinar como profesional especializado en Exercicio Terapéutico en Fisioterapia.
B2 Incorporar os principios éticos e legais da profesión de fisioterapeuta á práctica profesional, así como integrar os aspectos sociais e comunitarios na toma de decisións en intervencións centradas no Exercicio Terapéutico en Fisioterapia.
C9 Entender a complexidade dos efectos do exercicio terapéutico a nivel cardiovascular, respiratorio, endocrino, neurolóxico e músculo esquelético en diferentes grupos poboacionais.
C10 Deseñar e aplicar programas de exercicio terapéutico na prevención e tratamento de patoloxías ou enfermidades musculoesqueléticas, cardiovasculares, respiratorias, endocrinas, neurodexenerativas, en disfuncións uroxinecolóxicas e obstétricas, e procesos oncolóxicos.
C11 Adecuar as sesións de exercicio terapéutico en función das características do paciente, a patoloxía e a contorna.
C12 Aplicar un protocolo de medición da capacidade funcional dos pacientes en función das súas características, así como da patoloxía nos diferentes ámbitos de especialización.
C13 Deseñar, executar e dirixir programas de prevención e recuperación de lesións no deportista baseado no exercicio terapéutico.
D3 Sustentabilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.
D7 Desenvolver a capacidade de liderado e organización.
D8 Manter unha actitude de aprendizaxe e mellora.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000