Guia docente 2023_24
Facultade de Fisioterapia
Máster Universitario en Exercicio terapéutico en fisioterapia
 Materias
  Exercicio terapéutico na prevención e tratamento de enfermidades cardiovasculares
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución: RA1, RA2, RA3, RA4. 10 A2
A4
B1
B2
C4
C6
C9
C10
C12
D1
D5
D8
Traballo tutelado Os estudantes en pequenos grupos realizan un traballo sobre un tema relevante e interesante relacionado coa asignatura.
Resultados de aprendizaxe: RA1, RA2, RA3, RA4, RA5.
40 A2
A4
B1
B2
B3
C4
C6
C9
C10
C12
D1
D5
D8
Observación sistemática Realizarase un rexistro sistemático dos coñecementos, habilidades, actitudes e valores que o alumnado ten en diferentes actividades/contextos. Os criterios de observación definiranse e explicaranse na exposición da materia. Toda esta información tamén se publicará na plataforma virtual da materia. O alumnado recibirá información sobre o seu progreso ao longo do proceso.
Resultados de aprendizaxe: RA2, RA3, RA4, RA5.
30 A2
A4
B1
B2
B3
C4
C6
C10
C12
D1
D5
D8
Presentación Valorarase a presentación e defensa do traballo tutelado.
Resultados de aprendizaxe: RA1, RA2, RA3, RA4, RA5.
20 A2
A4
B1
B2
B3
C4
C6
C9
C10
C12
D1
D5
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado poderá solicitar a renuncia á avaliación continua comunicándoo ao coordinador da materia no prazo establecido.

De ser así, a avaliación será 60% traballo, 40% exame de preguntas obxectivas.

Para superar a materia, o alumnado debe ter superado de forma autónoma todos os apartados de avaliación e ter asistido ao 80% das clases prácticas. A non asistencia ás prácticas supón a perda á avaliación continua.

O alumnado que teña algunha das partes aprobadas conservará a parte superada para a seguinte convocatoria dentro do mesmo curso académico.

2a oportunidade

Os estudantes poden examinar o 100% da materia con dúas probas: 60% traballo, 40% exame de preguntas obxectivas.

Para aprobar a materia, o alumnado deberá superar de forma autónoma as diferentes partes da avalaiación.

En calquera das convocatorias, se o alumnado obtén unha nota numérica superior a 5, pero non reúne os requisitos establecidos para superar a materia, terá unha nota de 4,5 (non superado). En caso de cualificación inferior, darase a cualificación obtida.

Consideracións:

Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta. Considérase inadmisible calquera forma de fraude (i.e. copia e/ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecemento ou destreza alcanzado por un/a alumno/a en calquera tipo de proba, informe ou traballo deseñado con este propósito. As condutas fraudulentas poderán supor suspender a materia durante un curso completo. levará un rexistro interno destas actuacións para que, en caso de reincidencia, póidase solicitar a apertura dun expediente disciplinario no reitorado.

Compromiso ético:

O alumnado debe presentar un comportamento ético adecuado. En caso dun comportamento non ético (copia de seminarios, plaxio de traballos, e uso de equipos electrónicos non autorizados, e outros), que impidan o desenvolvemento correcto das actividades docentes, considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia, e neste caso a súa cualificación no curso académico actual será de suspenso (0,0). Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0).

Gravación de imaxe e/ou audio: Salvo autorización expresa por parte do profesorado, non estará permitida a gravación, total ou parcial, tanto de son como de imaxe, das clases maxistrais, seminarios ou prácticas da materia, conforme as previsións da Lei de Propiedade Intelectual, da Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal e da Lei Orgánica de Protección Civil do Dereito á Honra, á Intimidade Persoal e Familiar e á Propia Imaxe. En función, no seu caso, do uso posterior que se lle dese, a gravación non consentida pode dar orixe a responsabilidades civís, disciplinarias, administrativas e, eventualmente, penais.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000