Guia docente 2022_23
Facultade de Fisioterapia
Máster Universitario en Exercicio terapéutico en fisioterapia
 Materias
  Metodoloxía da investigación
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas O exame constará dun conxunto de preguntas claras e precisas, ás que o alumnado deberá responder escollendo unha opción entre unha serie de alternativas. 40 A1
A3
B2
B4
B6
C1
C7
C8
D2
D4
D8
Resolución de problemas e/ou exercicios O alumnado debe ser capaz de recoñecer, describir, organizar e analizar os elementos constitutivos dos problemas plantexados para idear estratexias que permitan obter, de forma razoada, unha solución contrastada e segundo uns criterios preestablecidos. Avaliarase a capacidade do alumnado para analizar e resolver problemas e/ou exercicios de forma autónoma. 40 A2
B2
B4
B6
C1
C7
C8
D2
D4
D8
Traballo O alumnado deberá realizar un traballo no que se integrarán os contidos da materia. 20 A1
A3
B2
B4
B6
C1
C2
C7
C8
D2
D4
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A resolución de problemas supon un 40% da nota final e consistira na resolución duns exercicios prácticos que se estructuran en dous bloques e que deberan ser aprobados de xeito independente.

A proba obxetiva supon un 40% da nota final e consistirá nunha proba tipo test que se estructuran en dous bloques e que deberan ser aprobados de xeito independente.

Para superar a materia é necesario superar a resolución de problemas, a proba obxetiva e o traballo da asignatura de xeito independiente.

Consideracións:

Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta. Considérase inadmisible calquera forma de fraude (i.e. copia e/ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecemento ou destreza alcanzado por un/a alumno/a en calquera tipo de proba, informe ou traballo deseñado con este propósito. As condutas fraudulentas poderán supor suspender a materia durante un curso completo levará un rexistro interno destas actuacións para que, en caso de reincidencia, póidase solicitar a apertura dun expediente disciplinario no reitorado.

Compromiso ético:

O alumnado debe presentar un comportamento ético adecuado. En caso dun comportamento non ético (copia de seminarios, plaxio de traballos, e uso de equipos electrónicos non autorizados, e outros), que impidan o desenvolvemento correcto das actividades docentes, considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia, e neste caso a súa cualificación no curso académico actual será de suspenso (0,0). Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0).

Gravación de imaxe e/ou audio: Salvo autorización expresa por parte do profesor, non estará permitida a gravación, total ou parcial, tanto de son como de imaxe, das clases maxistrais, seminarios ou prácticas da materia, conforme as previsións da Lei de Propiedade Intelectual, da Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal e da Lei Orgánica de Protección Civil do Dereito á Honra, á Intimidade Persoal e Familiar e á Propia Imaxe. En función, no seu caso, do uso posterior que se lle dese, a gravación non consentida pode dar orixe a responsabilidades civís, disciplinarias, administrativas e, eventualmente, penais.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000