Educational guide 2023_24
Facultade de Fisioterapia
Máster Universitario en Exercicio terapéutico en fisioterapia
 Materias
  Fundamentos do exercicio terapéutico e deseño de programas
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
A2 Que os/ as estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
A4 Que os/ as estudantes saiban comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B2 Incorporar os principios éticos e legais da profesión de fisioterapeuta á práctica profesional, así como integrar os aspectos sociais e comunitarios na toma de decisións en intervencións centradas no Exercicio Terapéutico en Fisioterapia.
B3 Transmitir información dun modo claro aos usuarios do sistema sanitario, así como con outros profesionais.
B6 Desenvolver habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
C4 Analizar, programar e aplicar o movemento como medida terapéutica, promovendo a participación do paciente/usuario no seu proceso.
C6 Capacidade de resolución de problemas en contornas novas e definidas de forma imprecisa para identificar o tratamento máis apropiado baseado no exercicio terapéutico nos diferentes procesos de alteración, prevención e promoción da saúde, así como a integración con outros profesionais en beneficio da saúde do paciente/usuario.
C11 Adecuar as sesións de exercicio terapéutico en función das características do paciente, a patoloxía e a contorna.
D2 Capacidade para comunicarse de forma oral e por escrito en lingua galega.
D8 Manter unha actitude de aprendizaxe e mellora.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000