Educational guide 2023_24
Facultade de Fisioterapia
Máster Universitario en Exercicio terapéutico en fisioterapia
 Materias
  Bases anatomofuncionais no exercicio terapéutico
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Exame de preguntas obxectivas opcións sen cualificación negativa. Para aprobar o exame teórico é necesario obter o 70% das respostas correctas 40 A5
B6
C1
C9
D1
D4
D8
Traballo Realización dun traballo de forma individual ou en grupo 10 A5
B6
C1
C9
D1
D4
D8
Exame de preguntas obxectivas Exame de preguntas obxectivas no que cada dúas respostas erróneas se lle restará un punto 40
Observación sistemática Valorarase a asistencia a clase así como a participación nos mesmas.
Requirese a asistencia ao 80% das clases.
10 A5
B6
C1
C9
D1
D4
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Sistemas de avaliación:

Parte Anatomía e Exercicio: os coñecementos teóricos adquiridos polo alumnado serán avaliados mediante un exame de preguntas obxectivas de 5 opcións sen cualificación negativa. Para superar o exame teórico é necesario obter o 70% das respostas correctas; É necesario superar o exame teórico para aprobar a materia. A realización dun traballo será do 10%. É necesario presentalo para aprobar a materia.

Parte de Fisioloxía: Exame de preguntas obxectivas no que cada dúas respostas erróneas descontarase un punto.

O traballo constará das seguintes partes: introdución, exposición do problema, análise descritiva e conclusións. Pódese facer individualmente ou en grupo

O mesmo criterio manterase nas sucesivas convocatorias.

O alumnado poderá solicitar a renuncia á avaliación continua comunicándoo ao coordinador da materia no prazo establecido.

Para superar a materia, o alumnado debe ter superado de forma autónoma todos os apartados de avaliación e ter asistido ao 80% das clases prácticas. A non asistencia ás prácticas supón a perda á avaliación continua.

O alumnado que teña algunha das partes aprobadas conservará a parte superada para a seguinte convocatoria dentro do mesmo curso académico.

En calquera das convocatorias, se o alumnado obtén unha nota numérica superior a 5, pero non reúne os requisitos establecidos para superar a materia, terá unha nota de 4,5 (non superado). En caso de cualificación inferior, darase a cualificación obtida

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000