Educational guide 2023_24
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Valorarase tendo en conta a defensa ante as preguntas do tribunal (35%). 35 A2
A5
B4
B5
D1
D2
Traballo tutelado O traballo valorarase tendo en conta:

- A relevancia do TFG (35%)
- A adaptación ás normas (15%)
- A presentación con medios audiovisuais, a claridade na exposición por parte do alumno e a adaptación ao tempo marcado (15%)
65 A2
A5
B4
C28
C32
C35
D1
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A Guía Docente do Traballo de Fin de Grao (TFG) cumpliméntase coas normativas específicas da Facultade de Fisioterapia e da Universidade de Vigo, así como cos criterios específicos publicados polo/a coordinador/a de TFG.

Tal e como se indica na Memoria de Verificación, para poder realizar a presentación e defensa do TFG o/a alumno/a deberá ter superados todos os créditos da formación curricular, ainda que non estean xeradas as actas.
O tempo de presentación do TFG será entre 6 e 12 minutos.

O estudantado debe ter en conta os criterios cuxo incumprimento supoñen motivo de suspenso, así como as normativas pubicadas na plataforma de teledocencia.

Para que a/o alumna/o
obteña o informe favorable do/a titor/a é
preciso que faga un correcto seguimento do TFG, realice as tarefas e
correccións suxeridas polo/a titor/a, asista ás titorías, realice tódalas
entregas solicitadas polo/a titor/a e non deixe ningún correo electrónico sen
resposta. En caso de non cumprir os requisitos previos o/a titor/a poderá emitir un informe desfavorable.

Co fin de acadar unha carga de traballo semellante nos Traballos de Fin de Grao (TFG) que debe facer o alumnado, ao ser titorizadas/os por diversos/as profesores/as e que haberá varios tribunais xulgadores, é conveniente establecer unhas pautas para a elaboración de dito traballo e para a valoración dos mesmos.

O TFG será unha Revisión bibliográfica sobre calquera tema do ámbito de ciencias da saúde.

Debe constar de:

• Portada

• Índice (opcional)

• Resume

• Palabras clave

• Listado de abreviaturas (opcional)

• Introdución/obxectivo

• Material e Método

• Resultados

• Discusión

• Conclusións

• Referencias bibliográficas

• Anexos (opcional)

• Contraportada

Poderán agruparse os apartados en Resultados/Discusión ou ben en Discusión/Conclusións.

Extensión mínima de 15 e máxima de 20 páxinas de texto sen incluír o título, resume, bibliografía e anexos e seguindo as normas de deseño.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000