Educational guide 2023_24
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Metodoloxía da investigación en ciencias da saúde
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC Cada estudante deberá resolver de forma presencial na aula os exercicios que se propoñan nestas clases interactivas e deberá facer a entrega no prazo que se lle indique. 15 B4
C32
D2
Prácticas de laboratorio Cada estudante deberá resolver de forma presencial na aula os exercicios que se propoñan nestas clases interactivas e deberá facer a entrega desta práctica antes do remate da clase. 25 B4
D2
Traballo O alumnado deberá elaborar un traballo en grupo e deberá entregalo no prazo que se estableza dentro do período de docencia presencial. Ademais, cada grupo deberá facer a defensa do traballo na data que o profesorado estableza para este fin dentro do período docente. 10 A2
A4
A5
D1
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame no que o alumnado amosará o seu dominio dos conceptos e técnicas estudados nas sesións maxistrais correspondentes aos temas 1-3, a través da resolución das preguntas e exercicios que se propoñan. 30 A2
A5
B4
Exame de preguntas obxectivas Exame no que o alumnado mostrará o seu dominio dos conceptos e técnicas estudados nas sesións maxistrais correspondentes aos temas 4-5, a través da resolución das preguntas obxectivas que se propoñan. 20 A5
B4
C32
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A guía docente desta materia seguirá o establecido no "REGULAMENTO SOBRE A AVALIACIÓN, A CALIFICACIÓN E A CALIDADE DA DOCENCIA E DO PROCESO DE APRENDIZAXE DO ESTUDANTADO" (aprobado no claustro do 18 de abril de 2023), así como as adaptacións específicas para o Grao en Fisioterapia determinadas pola Xunta de Centro.

Para solicitar atención personalizada mediante titoría, a/o estudante deberá enviar unha mensaxe por correo electrónico á/ao docente, co asunto "Titoría". A/O docente indicaralle a data e a hora asignadas á titoría solicitada tamén mediante unha mensaxe por correo electrónico.

Nos exames desta materia non se permitirá o uso de auriculares, nin de dispositivos con capacidade de acceso a internet. Tampouco se poderán utilizar calculadoras programables, nin calculadoras con capacidade gráfica.

Na plataforma Moovi facilitarase información sobre as titorías, os exames/probas de avaliación e o contido desta materia. É responsabilidade de cada estudante acceder á referida información, así como recompilar toda aquela información específica e complementaria que sexa precisa para superar a materia.

Establécense dous sistemas de avalación para a primeira oportunidade: avaliación continua e avaliación global. A avaliación por defecto para cada estudante, na primeira oportunidade desta materia, é a avaliación continua. Para que unha/un estudante poda optar á avaliación global nesta materia na primeira oportunidade, deberá renunciar ao sistema de avaliación continúa nesta materia e adherirse ao sistema de avaliación global nesta materia, de acordo co procedemento e prazos establecidos polo centro.

A avaliación para cada estudante, na segunda oportunidade e na convocatoria de fin de carreira desta materia, farase mediante avaliación global.

A) Primeira oportunidade

A1) Avaliación continua (100%): En caso de non renunciar á avaliación continua, a/o estudante deberá realizar as actividades e probas que se indican a continuación:

- Prácticas con apoio das TIC: Terán un peso total do 15% na nota final da materia. Cada estudante deberá resolver de forma presencial na aula os exercicios que se propoñan nestas clases interactivas e deberá facer a entrega no prazo que se lle indique. No caso de que unha/un estudante non asista como mínimo ao 50% das horas asignadas a esta actividade ou non acade unha valoración dun mínimo de 5 puntos sobre 10 nesta actividade, deberá realizar a recuperación da mesma mediante un exame que se realizará na data que se estableza para esta materia no calendario oficial de exames desta convocatoria.

- Prácticas de laboratorio: Terán un peso total do 25% na nota final da materia. Cada estudante deberá resolver de forma presencial na aula os exercicios que se propoñan nestas clases interactivas e deberá facer a entrega desta práctica antes do remate da clase. No caso de que unha/un estudiante non asista como mínimo ao 50% das horas asignadas a esta actividade ou non acade unha valoración dun mínimo de 5 puntos sobre 10 nesta actividade, deberá realizar a recuperación da mesma mediante un exame que se realizará na data que se estableza para esta materia no calendario oficial de exames desta convocatoria.

- Traballo: Terá un peso total do 10% na nota final da materia. O alumnado deberá elaborar un traballo en grupo e deberá entregalo no prazo que se estableza dentro do período de docencia presencial. Ademais, cada grupo deberá facer a defensa do traballo na data que o profesorado estableza para este fin dentro do período docente.

- Exame de preguntas de desenvolvemento: Terá un peso total do 30% na nota final da materia. Neste exame a/o estudante amosará o seu dominio dos conceptos e técnicas estudados nas sesións maxistrais correspondentes aos temas 1-3, a través da resolución das preguntas e exercicios que se propoñan. Realizarase nunha sesión de clase desta materia. No caso de que unha/un estudiante non acade neste exame unha valoración dun mínimo de 5 puntos sobre 10, deberá realizar a recuperación do mesmo mediante o exame que se realizará na data que se estableza para esta materia no calendario oficial de exames desta convocatoria.

- Exame de preguntas obxectivas: Terá un peso total do 20% na nota final da materia. Neste exame a/o estudante amosará o seu dominio dos conceptos e técnicas estudados nas sesións maxistrais correspondentes aos temas 4-5, a través da resolución das preguntas obxectivas que se propoñan. Este exame se realizará na data que se estableza para esta materia no calendario oficial de exames desta convocatoria.

Observacións sobre a avaliación continua: Para que unha/un estudante supere esta materia mediante avaliación continua nesta convocatoria, deberá obter como mínimo 5 puntos sobre 10 na nota final desta materia nesta convocatoria, aplicando as ponderacións indicadas. Ademais, deberá acadar unha nota mínima de 5 puntos sobre 10 no exame correspondente ao contido dos temas 1-3 e tamén unha nota mínima de 5 puntos sobre 10 no exame correspondente ao contido dos temas 4-5. Se a nota dalgún destes exames é inferior a 5 puntos sobre 10, a nota final da/o estudante nesta convocatoria será o valor mínimo das notas destes exames.

A2) Avaliación global (100%): O/A alumno/a deberá realizar as probas e exames que se indican a continuación:

- Proba de resolución de exercicios relativos ás prácticas con apoio das TIC: Terán un peso total do 20% na nota final da materia. A/O estudante fará unha proba na que deberá resolver os exercicios que se propoñan sobre o contido traballado nas clases interactivas dedicadas ás prácticas con apoio das TIC. Esta proba se
realizará na data que se estableza para esta materia no calendario oficial de exames desta convocatoria.

- Proba de resolución de exercicios relativos ás prácticas de laboratorio: Terán un peso total do 30% na nota final da materia.  A/O estudante fará unha proba na que deberá resolver os exercicios que se propoñan sobre o contido traballado nas clases interactivas dedicadas ás prácticas de laboratorio. Esta proba se realizará na data que se estableza para esta materia no calendario oficial de exames desta convocatoria.

- Exame de preguntas obxectivas 1: Terá un peso do 30% na nota final da materia. A/O estudante deberá resolver as preguntas obxectivas que se propoñan neste exame, relativas aos contidos de teoría e exercicios dos temas 1-3. Este exame se realizará na data que se estableza no calendario oficial de exames desta convocatoria.

- Exame de preguntas obxectivas 2: Terá un peso do 20% na nota final da materia. A/O estudante deberá resolver as preguntas obxectivas que se propoñan neste exame, relativas aos contidos de teoría e exercicios dos temas 4-5. Este exame se realizará na data que se estableza no calendario oficial de exames desta convocatoria.

Observacións sobre a avaliación global: Para que unha/un estudante supere esta materia mediante avaliación global nesta convocatoria, deberá obter como mínimo 5 puntos sobre 10 na nota final desta materia nesta convocatoria, aplicando as ponderacións indicadas. Ademais, deberá acadar unha nota mínima de 5 puntos sobre 10 no exame correspondente ao contido dos temas 1-3 e tamén unha nota mínima de 5 puntos sobre 10 no exame correspondente ao contido dos temas 4-5. Se a nota dalgún destes dous exames é inferior a 5 puntos sobre 10, a nota final da/o estudante nesta convocatoria será o valor mínimo das notas destes exames.

B) Segunda oportunidade e fin de carreira: Utilizaranse os mesmos criterios que na avaliación global da primeira oportunidade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000