Educational guide 2023_24
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Fisioterapia no linfedema
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame teórico: consta de 5 preguntas, non podendo deixar ningunha sen contestación efectiva. 40 C7
C9
C16
C17
C21
C38
Traballo A realización, exposición e defensa do traballo é obrigatoria. Valorarase a formulación e análises realizadas, así como a redacción e utilización de fontes bibliográficas. 10 A2
B1
C16
C17
D1
D7
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Entrega de un informe de prácticas segundo o modelo proporcionado polo/a docente, 10 B1
C16
C17
C18
C21
C22
D7
Observación sistemática É obrigatorio a asistencia a un 80% das clases prácticas para poder levar a cabo a observación sistemática 30 B1
C16
C17
C21
C22
D7
Simulación ou Role Playing O último día das prácticas se levará a cabo unha simulación ou role play sobre un caso clínico. O alumnado deberá resolvelo e executar a técnica escollida 10 B1
C16
C17
C18
C21
C22
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado que non se acolla a avaliación continua deberá comunicalo por escrito segundo o procedemento establecido pola Facultade de Fisioterapia. A renuncia á avaliación continua deberá realizarse como data límite na 5ª semana de docencia; esta renuncia suporá que o alumnado acóllese á avaliación global establecida da materia. Unha vez renunciada á avaliación continua, non terá dereito a ela nin ás consideracions que nela se establezca. 

En calquera das modalidades de avaliación, para superar a materia o alumnado debe ter superados de forma independente a avaliación dos contidos prácticos, dos contidos teóricos e do traballo. Se, se da o caso que o/a alumno/a obteña unha nota superior a 5 na avaliación final como media das notas acadadas nas diferentes probas de avaliación, pero non conta cunha das partes superadas, acadará unha nota de 4,5. 


Avaliación continua 

A avaliación continua contará da avaliación de contidos teóricos a través dun exame de desenvolvemento(40%) no cal se esixe resposta efectiva. Para a avaliación dos contidos prácticos nesta modalidade, se esixe a asistencia ao 80% das prácticas. Os contidos prácticos se avaliarán a través da oservacións sistemática nas clases (30%), a través da entrega dun informe de prácticas (10%) e a través dunha proba de simulación (10%). Ademáis o alumnado deberá levar a cabo un traballo en grupo (10%)

Avaliación global 

No caso de que o alumnado renuncie a avaliación continua, terá dereito á avaliación globa que constará de: 

- Examen de desenvolvemento (40%)

- Examen de práctica de laboratorio (50%) 

- Realización dun traballo (10%)

Avaliación de segunda oportunidade

A avaliación da segunda oportunidade será igual que a avaliación global. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000