Guia docente 2023_24
Facultad de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Fisoterapia en pediatría
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Exame teórico de preguntas curtas. 40 C7
C9
C19
D7
Prácticas de laboratorio Exame práctico de resolución dun suposto clínico mediante role playing. 40 B1
B2
C7
C16
C18
C19
C20
C21
C38
D4
D7
D8
Traballo tutelado Valoración da redacción e os contidos da memoria escrita. 5 B1
D1
D4
D7
Presentación Valoración da claridade de exposición e resolución de dúbidas por parte da clase e do/a profesor/a. 5 D1
D4
D7
Observación sistemática Supervisarase na aula o manexo do alumnado cos contidos prácticos dando resposta ás súas consultas. 10 C19
C20
C21
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Requisitos mínimos:

Para presentarse ao exame práctico, o/a alumno/a deberá presentarse ao exame teórico.

A observación sistemática dependerá da asistencia ás clases prácticas, avaliación que se considerará superada cunha asistencia como mínimo do 87,5% (correspondente a unha única falta xustificada).

Para superar a materia, o/a alumno/a deberá ter superado cada unha das avaliacións de forma independente con 5 puntos sobre 10. A nota de suspenso nunca será superior a 4,5 naqueles casos nos que exista algunha parte da avaliación suspensa (inferior a 5 puntos) independentemente de se a media de todas as probas foi superior ou igual a 5 puntos.

Avaliación continua:

- Traballo por parellas. Análise dun artigo de intervención relacionado coa materia, elaboración dun póster cos seus datos e exposición oral na aula. Entrega na data sinalada na programación da materia e defensa nas últimas 4 horas teóricas. 10% nota final.

- Exame teórico de preguntas curtas a desenvolver. 40% nota final.

- Exame práctico de resolución dun caso clínico. 40% nota final.

- Observación sistemática. Avaliación da actitude e xestión na aula durante as horas prácticas. Depende da asistencia mínima ao 87,5% das clases prácticas. 10% nota final.

Avaliación global en convocatoria ordinaria (renuncia á avaliación continua) / 2a oportunidade (convocatoria de xullo):

- Exame teórico de preguntas curtas a desenvolver. 50% nota final.

- Exame práctico de resolución dun caso clínico. 50% nota final.

A Guía Docente seguirá a NORMATIVA DE AVALIACIÓN, CUALIFICACIÓN E CALIDADE DA DOCENCIA E DO PROCESO DE APRENDIZAXE DO ALUMNADO (Aprobada na facultade o 18 de abril de 2023), así como as adaptacións específicas para o Grao en Fisioterapia que determine a Xunta de Centro.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000