Guia docente 2023_24
Facultad de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Fisoterapia en pediatría
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Terán a finalidade de transmitir os obxectivos e a planificación da materia, así como aclarar os criterios de avaliación a seguir.
Presentación Exposición e defensa por parte da/o alumna/o ante a/o docente e as/os estudantes do traballo tutelado.
Lección maxistral As clases teóricas serán participativas e nelas utilizarase o estudo de casos, o debate e a resolución de problemas. O alumnado terá á súa disposición en MOOVI apuntamentos que lle servirán de guía para o exame e de estudo previo de certas actividades.
Prácticas de laboratorio Empregarase a demostración experimental, o role playing, o tratamento didáctico de erros e o adestramento sistemático. O/a docente fará a demostración de como se debe realizar a valoración e/ou o protocolo de tratamento, a continuación o alumnado realizará por parellas a práctica entre eles, sendo corrixidos polo/a docente e aclarando todas as dúbidas que poidan xurdir. Na corrección terase en conta por unha banda a posición do usuario/paciente, as tomas e contratomas realizadas, así como a execución da manobra e a ergonomía do alumno que está a realizar a práctica. Así mesmo, terase en conta a actitude de aprendizaxe do alumnado.
Traballo tutelado O alumnado deberá elaborar, expor e defender un traballo en grupo.
Foros de discusión Existirá un foro de discusión a disposición do alumnado para preguntar e resolver dúbidas, de modo que todas as dúbidas queden recollidas para a aprendizaxe do grupo.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000