Educational guide 2023_24
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Pilates aplicado en fisioterapia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Cartafol/dossier Asistencia obrigada a un mínimo do 80% das clases. Quen falte máis de 4 horas de docencia teórica, deberá superar a materia a través dun exame tipo test descrito en "outros comentarios sobre a avaliación".
Entrega ao final de cada clase, ou cando se estableza en función da actividade desenvolvida, das evidencias do traballo realizado ao longo da mesma.
Haberá 9 actividades distintas e cada unha delas terá un valor entre 0 e 0,3 puntos e, como mínimo, cada estudante debe entregar evidencias de 7 delas. En caso contrario, terá que facer o exame test final.
Ao final das clases teóricas, cada estudante terá que entregar un documento de avaliación da materia e do traballo desenvolvido, así como unha autoavaliación de si mesmo/a. Este documento terá como mínimo os seguintes apartados: grao de asistencia ás clases teóricas, grao de cumprimento coas actividades desenvolvidas, as dúas actividades que máis lle gustaron e as dúas que menos, recomendacións para o futuro e autoavaliación persoal (nota que pensa que merece). Esta avaliación terá un valor comprendido entre 0 e 0,3 puntos.
30 A2
B3
C2
C4
C13
C15
C16
C24
C35
D1
D4
D7
Traballo A realización do traballo é obrigatoria para superar a materia. Entregarase en soporte informático ao profesorado ou empregarase a plataforma de teledocencia MooVi (https://moovi.uvigo.gal/), subíndoo ao espazo que o grupo terá na mesma dentro da materia.
A metade da puntuación do traballo corresponderá ao informe escrito e o vídeo entregado, e a outra metade corresponderá á clase presentada ante a/o docente e as/os compañeiras/os do grupo de prácticas.
40 A2
B3
C2
C4
C13
C15
C16
C24
C35
D1
D4
D7
Simulación ou Role Playing Exame onde cada estudante dirixirá 3 exercicios (1 en máquinas e 2 no chan) dunha maneira práctica (10 minutos por exercicio). Os exercicios serán elixidos ao azar polo propio estudantado dentro do conxunto de exercicios que se fixeron ao longo do curso.
Ao rematar as clases de Pilates en máquinas farase o exame práctico desa parte (suprimíndose esa pregunta da data que lle corresponda na convocatoria de maio-xuño).
Todas as preguntas valoraranse de 0 a 10 puntos.
30 A2
B3
C2
C4
C13
C15
C35
D1
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Ao alumnado que non supere a materia, gardaráselle a parte superada para a convocatoria de segunda oportunidade do mesmo ano académico (parte superada significa ter un 5 de 10 ou máis en cada unha das partes que conforman a avaliación, o que supón, cando menos, ter 1,5 puntos no cartafol e no exame práctico, e 2 puntos no traballo).

Quen non cumpra coas obrigas sinaladas no apartado de cartafol, terá que facer un exame final tipo test. Características do mesmo: 40 preguntas de resposta única (duración máxima de 1 hora); tódalas preguntas terán o mesmo valor. Para superalo, o estudante terá que acadar, polo menos, 1,50 puntos (corresponde a un 5 nunha escala de 0 a 10 puntos). Por outra parte, sinalar que as deixadas en branco non descontarán, pero si o farán as contestacións erradas tal e como se indica na seguinte fórmula:
Cualificación = [acertos - (erros/nº opcións-1) / nº preguntas] · 10

Quen non aprobe o traballo, na convocatoria de 2ª oportunidade terá que facer un traballo individual consistente en elaborar unha clase para un caso clínico a proposta polo/a docente da materia. Este traballo terá unha parte escrita e outra audiovisual (2 puntos máximo en cada unha destas partes), pero non unha presentación pública.

No caso de que o/a alumno/a non aprobe cada unha das partes da materia, e aínda que a media dea unha cualificación de aprobado, suspenderá a materia e se lle porá no acta unha cualificación de 4,5.

A Guía Docente segue o "Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado", aprobado no Claustro do 18 de abril de 2023, así como as adaptacións específicas para o Grao en Fisioterapia determinadas pola Xunta de Centro.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000