Educational guide 2023_24
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Fisioterapia en trastornos neuromotrices
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Consta de preguntas de desenvolver sobre o temario da materia. Todas as preguntas terán o mesmo valor. Este exame, referente ao temario teórico da materia, levarase a cabo no horario lectivo según o indicado na programación da materia. 40 A2
B3
C15
C35
D7
Simulación ou Role Playing Exame práctico onde o alumnado contesta dun modo práctico diferentes preguntas. Estes supostos prácticos son elixidos ao azar. Para optar a superar o exame práctico, o/a alumno/a non debe ter en ningunha das preguntas unha puntuación de "0". Para poder realizar o exame práctico, o/a alumno/a debe presentarse primeiro ao teórico. Esta parte da avaliación levarase a cabo no horario estabelecido no documento referente ao calendario de exames na convocatoria ordinaria. 40 A2
B3
C7
C13
C15
C19
C20
D3
D7
Traballo A realización do traballo da materia e telo superado é obrigatorio para superar a materia. O traballo considerarase superado si alcanza, polo menos, 1.0 punto. O traballo será entregado en soporte dixital empregando a plataforma virtual Moovi. 20 A2
B1
B3
C15
C20
D7
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia o/a alumno/a debe ter aprobada cada parte por separado (exame de preguntas de desenvolver, simulación ou Role Playing e traballo). Aos/Ás alumnos/as que non superen a materia na convocatoria ordinaria, se lles gardará a parte superada para a convocatoria de 2ª oportunidade dentro do mesmo curso académico.

Avaliación continuada:

É a avaliación estabelecida por defecto e que ven descrita no apartado de avaliación da materia con seus respectivos porcentaxes. 

Avaliación global:

O alumnado poderá solicitar a renuncia á avaliación continuada informando ao/a coordinador/a da materia no prazo
estabelecido. Nese caso será avaliado/a polo procedemento de avaliación global. A avaliación global da materia inclue exactamente os mesmos apartados que a avaliación continuada.

Avaliación de 2ª oportunidade:

A avaliación de segunda oportunidade inclue os mesmos apartados que a avaliación continuada, con a diferenza de que, o traballo, no caso de non telo superado na modalidade de grupo, farase en modalidade individual seguindo as orientacións estabelecidas polo/la coordinador/a da materia.

Outros comentarios:

A calificación de suspenso nunca será superior a 4,5. Polo tanto, podería darse o caso de que un/ha alumno/a obteña na avaliación global, tendo en conta os
porcentaxes das probas de avaliación, unha calificación de 5 sobre 10 ou superior;
non obstante, si o/a alumno/a ten suspensa algunha das partes da avaliación, a calificación na avaliación global será de suspenso.

O alumnado que non queira seguir a avaliación continuada deberá notificalo por
escrito seguindo o procedemento que establezca a Facultade de Fisioterapia. A renuncia á avaliación continuada debe realizarse antes da 5ª semana de docencia, o
que supón que asumirá a avaliación global estabelecida na materia. Unha vez
renunciada á avaliación continuada, non terase dereito á mesma, nin ás
consideracións que nela establezcanse. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000