Educational guide 2023_24
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Fisioterapia en trastornos neuromotrices
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias A persoa coordinadora da materia explicará os puntos a ter en conta referentes ao temario da materia e as/os seus docentes responsables, a forma de avaliación a levar a cabo e como estarán estruturadas as clases teóricas e prácticas da materia, ademais do traballo en grupo que se debe realizar. Explicará tamén a proposta de programación de clases a levar a cabo durante o cuadrimestre e as datas de realización dos exames. Finalmente, explicará as obrigacións docentes do alumnado para o desenvolvemento da materia.
Lección maxistral Nas clases teóricas combinarase a lección maxistral con clases teórico-participativas onde se fomente e motívese a participación do alumnado. Poderase establecer actividades previas á impartición da clase e a súa entrega a través da plataforma virtual da materia en Campus Remoto para a súa posterior discusión durante a clase teórica. Ademais poderanse levar a cabo, durante as clases, actividades de resolución de problemas e actividades de traballo colaborativo. A criterio dos docentes responsables polos diferentes módulos, poderanse establecer foros de discusión no espazo propio da materia na plataforma de docencia virtual Moovi.
Prácticas de laboratorio Seguirase unha metodoloxía demostrativa, buscando a integración dos coñecementos teóricos na práctica. O alumnado realizará a práctica, sendo corrixidos polo docente e aclarando todas as dúbidas que poidan xurdir. Ademais, exporanse estudos de caso e debates relacionados coa temática das clases.
Traballo tutelado Desenvolvemento dun traballo teórico/práctico sobre unha temática relacionada cos contidos da materia. Os grupos de traballo determinaranse por temática ao principio do cuadrimestre pola coordinadora da materia. O traballo constará dunha primeira parte onde farase unha revisión da literatura científica sobre o tema acordado e unha segunda parte onde leva a cabo un vídeo explicativo da técnica ou ferramenta de valoración que sexa obxecto da temática do traballo e ademais presentarase un traballo escrito cos resultados da primeira parte do traballo. Farase un seguimento individual de cada integrante do grupo pois as notas estableceranse de forma individual. Os prazos de entrega do traballo e presentación publicaranse a principio do cuadrimestre na plataforma virtual da materia en Moovi.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000