Educational guide 2023_24
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Terapia manual
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Exame de preguntas obxectivas ao final do periodo lectivo 40 A2
B3
C15
C17
C20
C30
Prácticas de laboratorio Demostración e/ou explicación de técnicas de terapia manual 40 A2
B3
C15
C16
C17
C19
C20
C30
C36
D1
D8
Observación sistemática Valorase a asistencia, actitude e participación. Para iso o alumnado deberá asistir ao 80% das clases prácticas 20 A2
B3
C15
C16
C17
C19
C20
C30
C36
D1
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado que non queira seguir a avaliación continua deberá notificalo por escrito seguindo o procedemento que estableza a Facultade de Fisioterapia. A renuncia á avaliación continua debe realizarse na 5ª semana de docencia, o que supón que asumirá a avaliación global establecida na materia. Unha vez renunciada á avaliación continua non se terá dereito á mesma, nin ás consideracións que nela establézanse.

En calquera das convocatorias se o alumnado obtén unha cualificación numérica superior a 5, pero non cumpre os requisitos establecidos para aprobar a materia terá unha cualificación de 4,5 (suspenso). En caso de ter cualificacións inferiores poñerase a nota obtida.

AVALIACIÓN CONTINUA

Tal e como aparece indicado anteriormente: 40% exame de preguntas obxectivas, 40% exame práctico e 20% observación sistemática

O alumnado para presentarse o exame práctico ten a obrigación de presentarse e realizar o exame teórico.

Para aprobar a materia débense ter superados de forma independente o exame teórico e práctico e asistir ao 80% das clases prácticas.

O alumnado que teña unha das partes aprobadas gardaráselle a parte superada para a seguinte convocatoria dentro do mesmo ano académico.

AVALIACIÓN GLOBAL (renuncia a avaliación continua)

O alumnado poderá examinarse do 100% da materia: 50% exame de preguntas obxectivas e 50% exame de parte práctica.

O alumnado para presentarse o exame práctico ten a obrigación de presentarse e realizar o exame teórico.

Para aprobar a materia débense ter superados de forma independente o exame teórico e práctico 

O alumnado que teña unha das partes aprobadas gardaráselle a parte superada para a seguinte convocatoria dentro do mesmo ano académico.

AVALIACIÓN 2ª OPORTUNIDADE

O alumnado poderá examinarse do 100% da materia 50% exame de preguntas obxectivas e 50% exame de parte prácticas.

O alumnado para presentarse o exame práctico ten a obrigación de presentarse e realizar o exame teórico.

Para aprobar a materia débense ter superados de forma independente o exame teórico e práctico 



Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000