Educational guide 2023_24
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Fisioterapia xeral II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas 20 preguntas de resposta única (duración máxima de 25 minutos); tódalas preguntas terán o mesmo valor.
Por outra parte, sinalar que as deixadas en branco non descontarán, pero si o farán as contestacións erradas tal e como se indica na seguinte fórmula: Cualificación = [acertos - (erros/nº
opcións-1) / nº preguntas] · 10
10 B3
C1
C2
C7
C12
C17
C36
D1
D8
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame teórico de 3 preguntas curtas (duración máxima de 35 minutos). Tódalas preguntas terán o mesmo valor. 15 B3
C1
C2
C7
C12
C17
C36
D1
D8
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame teórico de 5 preguntas curtas (duración máxima de 60 minutos). Tódalas preguntas terán o mesmo valor. 20 B3
C1
C2
C7
C12
C17
C36
D1
D8
Traballo A realización do traballo é obrigatoria para superar a materia.
O traballo da materia consistirá na elaboración dun protocolo de aplicación nun caso clínico, así como unha infografía sobre un aspecto teórico ou práctico da materia.
O traballo terá que ser entregado en soporte informático á/ao docente, empregando para iso a plataforma de ensinanza virtual MooVi (https://moovi.uvigo.gal/), subindo o conxunto do traballo ao espazo indicado pola/o docente responsable do mesmo.
15 A2
B3
B4
C12
C14
C17
C18
C20
C36
D1
D2
D7
D8
Simulación ou Role Playing Exame onde cada estudante dará resposta a 4 exercicios dunha maneira práctica (10 minutos por exercicio). Os exercicios serán elixidos ao azar polo propio estudantado dentro do conxunto de exercicios que se fixeron ao longo do curso.
Tódalas preguntas valoraranse de 0 a 10 puntos.
40 A2
B3
C2
C7
C12
C14
C17
C18
C36
D1
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os/as estudantes que opten por avaliación continuada serán avaliados tal e como se describe arriba e coas porcentaxes

indicadas:

- exame tipo test na 6ª semana de docencia, sempre que os contidos se tivesen impartidos.

- 2 exames de preguntas de desenvolvemento, un na 8ª semana de docencia e, o outro, na 13ª, sempre que os contidos se tivesen impartidos.

- exame práctico, na data oficial correspondente á materia (maio-xuño).

- un traballo a entregar as distintas partes nas semanas 13ª, 14ª e 15ª de docencia.

Ao alumnado que non supere a materia, gardaráselle a parte superada para a convocatoria de segunda oportunidade do mesmo ano académico (parte superada significa ter un 5 de 10 ou máis en cada unha das partes que conforman a avaliación, o que supón, cando menos, ter 0,5 puntos no exame tipo test, 0,75 e 1 punto nos exames teóricos con preguntas de desenvolvemento, 0,75 no traballo e 2 puntos no exame práctico.

No caso de que o/a alumno/a non aprobe cada unha das partes da materia, e aínda que a media dea unha cualificación de aprobado, suspenderá a materia e se lle porá no acta unha cualificación de 4,5.

Por outra banda, aqueles/as estudantes que decidan optar por unha avaliación global, esta inicialmente farase nas datas oficiais da materia (maio-xuño) e constará de:

- un exame teórico de preguntas de desenvolvemento de 10 preguntas curtas e unha duración máxima de 90 minutos. Neste exame, tódalas preguntas terán o mesmo valor (valoraranse de 0 a 10 puntos cada unha delas). O valor deste exame será dun 45% do total da cualificación da materia.

- un exame práctico de 4 supostos realizado coas mesmas condicións que as descritas na avaliación continua do exame práctico descrita nela. O valor deste exame será dun 45% do total da cualificación da materia.

- un traballo individual consistente en elaborar un protocolo de aplicación e unha infografía para un novo caso clínico a proposta polo/a docente da materia.

Ao igual que no caso da avaliación continua, para poder superar a materia o/a estudante terá que aprobar cada un destas probas de avaliación (obter un 5 de 10 ou máis en cada un deles, o que supón, cando menos, ter 2,25 puntos nos exames teórico e práctico, e 0,5 puntos no traballo), no caso de que non supere a materia, gardaráselle a parte superada para a convocatoria de segunda oportunidade do mesmo ano académico, e, no caso de que o/a alumno/a non aprobe cada unha das partes da materia, e aínda que a media dea unha cualificación de aprobado, suspenderá a materia e se lle porá no acta unha cualificación de 4,5.

A Guía Docente segue o "Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e acalidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado", aprobado no Claustro do 18 de abril de 2023, así como as adaptacións específicas para o Grao en Fisioterapia determinadas pola Xunta de Centro.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000