Educational guide 2023_24
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Fisioterapia xeral II
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.
Lección maxistral Clases teórico-participativas onde se fomente a participación activa do alumnado. Emprego de forma xenérica de medios audiovisuais. O alumnado recibirá ao longo do cuadrimestre e a través da plataforma de teledocencia Moovi ou da web do profesor coordinador da materia (http://gfuentes.webs.uvigo.es/index.htm) as presentacións elaboradas polo profesorado que lle servirán de guía.
Prácticas de laboratorio Nas clases prácticas seguirase unha metodoloxía demostrativa cunha análise razoada de casos prácticos. O/A docente mostrará os diferentes métodos e técnicas de Fisioterapia, así como as súas aplicacións. A continuación o alumnado realizará por parellas a práctica entre eles, sendo corrixidos polo/a docente, ao tempo que intenta clarexar todas as dúbidas que poidan xurdir.
Traballo tutelado O traballo a elaborar polo alumnado da materia será un protocolo de aplicación nun caso clínico empregando un dos axentes físicos vistos na materia. Os casos clínicos serán establecidos polo profesorado.
A elaboración do traballo será individual, aínda que varias persoas traballarán sobre o mesmo caso clínico. Posteriormente, todos aqueles que traballaron sobre o mesmo caso clínico, deberán analizar as propostas de protocolo feitas polos/as compañeiros/as. Cada un entregará un comentario sobre a análise feita de cada un dos traballos ao/á docente responsable.
Ademais, e tamén de xeito individual, o/a estudante terá que facer unha infografía sobre un aspecto teórico ou práctico da materia a proposta do profesorado.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000