Educational guide 2023_24
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Fisioterapia xeral I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas 20 preguntas de resposta única
(duración máxima de 25 minutos); tódalas preguntas terán o mesmo valor.
Por outra parte, sinalar que as deixadas en branco non descontarán, pero si o farán as contestacións erradas tal e como se indica na seguinte fórmula: Cualificación = [acertos - (erros/nº opcións-1) / nº preguntas] · 10
15 B3
C1
C7
C12
C17
C34
C36
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame teórico de 5 preguntas curtas (duración máxima de 60 minutos). Tódalas preguntas terán o mesmo valor.
Quen non faga a actividade de quebracabezas ao inicio da materia, terá que facer unha pregunta máis no exame teórico sobre os contidos que se traten en dita actividade.
25 B3
C1
C7
C12
C17
C34
C36
Simulación ou Role Playing Exame onde cada estudante contestará 2 preguntas (1 de hidroterapia, cun valor de 1,5 puntos, e 1 de masaxe transverso profundo, termoterapia ou crioterapia, cun valor de 1 punto).
A pregunta a contestar será elixida ao azar polo propio estudantado dentro do conxunto de casos que se fixeron ao longo do curso nestes contidos.
Este exame farase ao final do período de docencia que lle corresponda á materia (mes de decembro).
Todas as preguntas valoraranse de 0 a 10 puntos.
25 A2
B3
C7
C12
C14
C15
C16
C17
C18
C34
C36
D1
D7
D8
Simulación ou Role Playing Exame onde cada estudante contestará 2 preguntas (1 de masoterapia ou de relaxación miofascial, cun valor de 2,5 puntos, e 1 de drenaxe linfático manual, cun valor de 1 punto).
A pregunta a contestar será elixida ao azar polo propio estudantado dentro do conxunto de casos que se fixeron ao longo do curso nestes contidos.
Este exame farase na data oficial que lle corresponda á materia na convocatoria de xaneiro).
Todas as preguntas valoraranse de 0 a 10 puntos.
35 A2
B3
C7
C12
C14
C15
C16
C17
C18
C34
C36
D1
D7
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os/as estudantes que opten por avaliación continuada serán avaliados tal e como se describe arriba e coas porcentaxes indicadas:

- exame tipo test a mediados de outubro, sempre que os contidos se tivesen impartidos.

- exame de preguntas de desenvolvemento ao final do cuadrimestre (novembro-decembro), sempre que os contidos se tivesen impartidos.

- exame práctico 1, ao final do cuadrimestre (decembro). Para presentarse a este exame, o/a estudante tivo que presentarse, previamente, aos dous exames teóricos.

- exame práctico 2, na data oficial correspondente á materia (xaneiro).

Ao alumnado que non supere a materia, gardaráselle a parte superada para a convocatoria de segunda oportunidade do mesmo ano académico (parte superada significa ter un 5 de 10 ou máis en cada unha das partes que conforman a avaliación, o que supón, cando menos, ter 0,75 puntos no exame tipo test, 1,25 nos exames teórico e práctico de decembro, e 1,75 puntos no exame práctico de xaneiro).

No caso de que o/a alumno/a non aprobe cada unha das partes da materia, e aínda que a media dea unha cualificación de aprobado, suspenderá a materia e se lle porá no acta unha cualificación de 4,5.

Por outra banda, aqueles/as estudantes que decidan optar por unha avaliación global, esta inicialmente farase nas datas oficiais da materia (xaneiro) e constará de:
- un exame teórico de preguntas de desenvolvemento de 8 preguntas curtas e unha duración máxima de 90 minutos. Neste exame, tódalas preguntas terán o mesmo valor (valoraranse de 0 a 10 puntos cada unha delas). O valor deste exame será dun 40% do total da cualificación da materia.
- un exame práctico de 4 supostos realizado coas mesmas condicións que as descritas na avaliación continua e gardando o mesmo peso na cualificación global do exame práctico descrita nela. O valor deste exame será dun 60% do total da cualificación da materia.

Ao igual que no caso da avaliación continua, para poder superar a materia o/a estudante terá que aprobar cada un destes exames (obter un 5 de 10 ou máis en cada un deles, o que supón, cando menos, ter 2 puntos no exame teórico e 3 no exames práctico), no caso de que non supere a materia, gardaráselle a parte superada para a convocatoria de segunda oportunidade do mesmo ano académico, e, no caso de que o/a alumno/a non aprobe cada unha das partes da materia, e aínda que a media dea unha cualificación de aprobado, suspenderá a materia e se lle porá no acta unha cualificación de 4,5.

A Guía Docente segue o "Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e acalidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado", aprobado no Claustro do 18 de abril de 2023, así como as adaptacións específicas para o Grao en Fisioterapia determinadas pola Xunta de Centro.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000