Educational guide 2023_24
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Fisioterapia xeral I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.
Lección maxistral Clases teórico-participativas onde se fomente a participación activa do alumnado (emprego de metodoloxías coma a técnica de quebracabezas, análise de vídeo educativo, estudo de casos...). Emprego de forma xenérica de medios audiovisuais. O alumnado recibirá ao longo do cuadrimestre as presentacións elaboradas polo profesorado que lle servirán de guía a través da plataforma de teledocencia MooVi ou da web do profesor coordinador da materia (http://gfuentes.webs.uvigo.es/).
Aprendizaxe colaborativa Actividade empregando a metodoloxía de quebracabezas de Aronson.
Prácticas de laboratorio Nas clases prácticas seguirase unha metodoloxía demostrativa cunha análise razoada de casos prácticos. O/A docente mostrará os diferentes métodos e técnicas de Fisioterapia, así como as súas aplicacións. A continuación o alumnado realizará por parellas a práctica entre eles, sendo corrixidos polo profesor, ao tempo que intenta aclarar todas as dúbidas que poidan xurdir.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000