Educational guide 2023_24
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Cinesiterapia
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.
Lección maxistral As clases serán teórico-participativas nas que o/a profesor/a impartirá os contidos sobre a materia
involucrando ao alumnado a participar activamente durante as clases. Empregaranse novas tecnoloxías da información e da comunicación para o desenvolvemento das clases e se utilizará a consulta didáctica, debate e estudo de casos e estratexias de resolución de problemas. O alumnado terá á súa disposición na plataforma os apuntamentos elaborados polo/a profesor/a que lle servirán de guía.
Resolución de problemas Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. A/o alumna/o debe desenvolver as solucións axeitadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. Adóitase empregar como complemento da lección maxistral.
Aprendizaxe colaborativa Actividades realizadas en pequenos grupos nos que o alumnado traballa aprendendo e desenvolvendo habilidades, actitudes e valores mediante a colaboración.
Estudo de casos Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución.
Prácticas de laboratorio Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedementais relacionadas coa materia obxecto de estudo. Desenvólvense en espazos especiais con equipamento especializado. Utilizarase a demostración experimental, a estratexia de simulación, o tratamento didáctico de erros e adestramento sistemático. A/o docente fará a demostración de como se debe realizar a valoración, a continuación as/os alumnas/os realizarán por parellas a práctica, sendo corrixidos pola/o docente e aclarando todas as dúbidas que
poidan xurdir. Na corrección terase en conta por unha parte a posición do usuario/paciente, as
tomas e contratomas realizadas, así como a execución da manobra e por outra parte a altura da mesa de tratamento e a postura da/o alumna/o que está a realizar a práctica. Así mesmo, terase en conta a actitude da/o alumna/o.
Traballo tutelado O alumnado, en grupo, elabora un traballo sobre a temática da materia. Trátase dunha actividade
autónoma do estudantado que inclúe a busca e recollida de información, lectura e manexo de
bibliografía, redacción, exposición e defensa do traballo elaborado sobre unha modalidade de
Cinesiterapia que deberán demostrar na práctica.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000