Educational guide 2023_24
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Anatomía humana: Afeccións médicas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.
Lección maxistral As clases teóricas serán exposicións dos contidos sobre a materia obxecto de estudo. Serán participativas e utilizarase a consulta didáctica, debate, estudo de casos e estratexias de resolución de problemas. Nelas interaccionarase co alumnado respondendo ao que necesite e motivando que exista tamén interacción entre o alumnado. Seguindo o Proceso de Bolonia, a aprendizaxe estará cada vez máis baseada no estudantado e na súa aprendizaxe activa e participativa.
Seminario Constarán de prácticas, actividades e traballos, que permitirán afondar nos contidos da materia. Neles interaccionarase co alumnado, fomentando a súa participación activa, respondendo ao que necesite e motivando que exista tamén interacción entre o alumnado. Empregaranse como complemento das clases teóricas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000