Educational guide 2023_24
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Valoración en fisioterapia
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.
Lección maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia. Empregaranse novas tecnoloxías da información e da comunicación para o desenvolvemento das clases que serán participativas e utilizarase a consulta didáctica, debate e estudo de casos e estratexias de resolución de problemas.
Prácticas de laboratorio Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades
básicas e procedementais relacionadas coa materia obxecto de estudo. Desenvólvense en espazos especiais con equipamento especializado. Utilizarase a demostración experimental, a estratexia de simulación, o tratamento didáctico de erros e adestramento sistemático. A/o docente fará a demostración de como se debe realizar a valoración, a continuación o alumnado realizará por parellas a práctica, sendo corrixidos polo/a profesor/a e aclarando todas as dúbidas que poidan xurdir.
Resolución de problemas de forma autónoma O alumnado realiza a revisión de videos de valoración muscular, debendo identificar erros de execución de cada unha das probas, mediante una rúbrica.
Estudo de casos O alumnado deberá solucionar situacións da vida real coas súas propias estratexias a través do
coñecemento, a investigación e a reflexión.
Resolución de problemas O alumnado deberá solucionar coas súas propias estratexias a través do
coñecemento, a investigación e a reflexión.
Traballo tutelado O estudante, en grupo, elabora un traballo sobre a temática da materia (Valoración Muscular). O traballo será unha filmación da realización de valoracións da forza muscular, na que participarán todos os membros do grupo.

Presentación Desenvolvemento de probas de valoración muscular e corrección mediante rúbrica do desenvolvemento das mesmas por parte das súas compañeiras/os.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000