Educational guide 2023_24
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Anatomía humana: Afeccións medicocirúrxicas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Asistencia e participación activa do alumnado no desenvolvemento dos seminarios; ademais, o alumnado elaborará, individualmente, un esquema e resumo do tema que se traballe no seminario, e será entregado ao final del, persoalmente ou a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo. Nalgúns seminarios faranse preguntas por escrito que hai que responder neles. 20 B1
D1
Lección maxistral Coñecementos teóricos:

Unidade de Médicas:
Exame de preguntas obxectivas, no que cada pregunta terá catro opcións de resposta, e só unha delas será válida. Cada pregunta ben respondida contará 1 punto; as deixadas en branco non descontarán puntuación; cada resposta equivocada restará 0,25. A nota corresponderase coa escala entre 0 e 10, e o aprobado estará na metade da puntuación: 5.

Unidade de Cirúrxicas:
Exame de preguntas obxectivas, no que cada pregunta terá catro opcións de resposta, e só unha delas será válida. Cada pregunta ben respondida contará 1 punto; as deixadas en branco non descontarán puntuación; cada resposta equivocada restará 0,25. A nota corresponderase coa escala entre 0 e 10, e o aprobado estará na metade da puntuación: 5.
80 B1
C38
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Esta materia
consta de dúas unidades: Unidade I: Afeccións Médicas e Unidade II: Afeccións
Cirúrxicas. A avaliación farase de cada unidade por separado, sendo necesario,
para aprobar a materia, superar as dúas unidades
independentemente; e, dentro delas, cada unha das súas partes: teoría e
seminarios, tamén independentemente.

Unidade de Médicas: o exame dos coñecementos teóricos contará un 40% e os seminarios un 10%.

Unidade de Cirúrxicas: o exame dos coñecementos teóricos contará un 40% e os seminarios un 10%.

A nota final será a media das dúas unidades, se ambas están aprobadas ou suspensas. Se só se aproba unha unidade, ou parte dela, conservarase ese aprobado dentro do mesmo curso académico (ata xullo), pero non dun curso aos seguintes, e a nota será a da parte suspensa.

AVALIACIÓN
CONTINUA: É a opción preferente e a que se ofrece por defecto. Na avaliación continua, o alumnado realizará:

* Un exame parcial de coñecementos teóricos unha vez finalizada a metade dos contidos
teóricos: contará un 40% da nota final: 20% da Unidade de Médicas e 20% da Unidade de Cirúrxicas; realizarase dentro do horario asignado ás clases
lectivas da materia. Se se suspende, non pode recuperarse na convocatoria
ordinaria e irase con esta parte ao exame da 2ª oportunidade.

* Outro exame parcial de coñecementos teóricos na convocatoria ordinaria: contará un 40%
da nota final: 20% da Unidade de Médicas e 20% da Unidade de Cirúrxicas.

* Seminarios: avaliaranse como se explicou no apartado superior.

AVALIACIÓN GLOBAL
(se se renuncia á avaliación continua): O alumnado que non quera seguir a avaliación continua deberá notificalo por escrito, seguindo o procedemento
establecido na Facultade de Fisioterapia. A renuncia á avaliación
continua debe realizarse na 5ª semana de docencia, o que supón que se
asumirá a avaliación global establecida na materia. Unha vez feita a
renuncia á avaliación continua, non se terá dereito á mesma; a elección
da modalidade de avaliación global supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose das actividades da modalidade de avaliación continua que
queden por facer e á cualificación obtida ata ese momento en calquera
das probas que xa tiveron lugar.

Neste caso non se realizarán exames parciais. Haberá unha proba de avaliación global: un
exame de coñecementos teóricos na data oficial da convocatoria
ordinaria, que contará un 80% da nota final: 40% da Unidade de Médicas e 40% da Unidade de Cirúrxicas. A esta puntuación sumarase o 20% da nota
dos seminarios, avaliados como se explicou no apartado superior.

AVALIACIÓN 2ª
OPORTUNIDADE: É unha avaliación extraordinaria, de recuperación da materia, ou partes dela, suspensa.

O alumnado que fixo avaliación continua e suspendeu algún dos exames
parciais, só deberá examinarse deles. Terá os mesmos criterios de avaliación que na convocatoria ordinaria nesta modalidade.

O alumnado que renunciou á avaliación continua e se adheriu á avaliación
global, terá os mesmos criterios de avaliación que na convocatoria
ordinaria nesta modalidade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000