Guia docente 2023_24
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Anatomía humana: Afeccións medicocirúrxicas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.
Seminario Constarán de prácticas, casos clínicos, actividades e traballos, que permitan afondar nos contidos da materia. Neles interaccionarase co alumnado, fomentando a súa participación activa, respondendo ao que necesite e motivando que exista tamén interacción entre o alumnado. Haberá tamén un cartafol: recompilación do traballo do alumnado co obxectivo de amosar os seus esforzos, progresos e logros na materia. Empregaranse como complemento das clases teóricas.
Lección maxistral As clases teóricas serán exposicións dos contidos sobre a materia obxecto de estudo. Serán participativas e utilizarase a consulta didáctica, debate, estudo de casos e estratexias de resolución de problemas. Nelas interaccionarase co alumnado respondendo ao que necesite e motivando que exista tamén interacción entre o alumnado. Seguindo o Proceso de Bolonia, a aprendizaxe estará cada vez máis baseada no estudiantado e na súa aprendizaxe activa e participativa.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000