Educational guide 2023_24
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Fisioloxía: Movemento funcional en fisioterapia
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como para presentar a materia.
Lección maxistral As clases teóricas serán participativas e utilizarase a consulta didáctica, debate, estudio de casos e estratexias de resolución de problemas. O/a alumno/a terá a sua disposición e na plataforma de teledocneica as notas elaboradas polo profesor que lle servirán de guía.
Traballo tutelado Os/as alumnos/as deberán elaborar un traballo, onde se fará unha análise biomecánica básica do corpo humano sobre unha filmación en vídeo que deben realizar os/as propios/as alumnos/as. Cada grupo de acordo co profesor fará o traballo cunha orientación específica sobre o devandito tema e utilizarase a plataforma de teledocencia.
Prácticas de laboratorio Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedementais relacionadas coa materia obxecto de estudo. Desenvólvense en espazos especiais con equipamento especializado. Utilizarase a demostración experimental, a estratexia de simulación, o tratamento didáctico de erros e adestramento sistemático.
Presentación Exposición con medios audiovisuais por parte do alumnado ante o docente e os estudantes, do trabajo tutelado.
Resolución de problemas de forma autónoma O alumnado deberá solucionar situacións da vida real coas súas propias estratexias a través do coñecemento, a investigación e a reflexión.
Aprendizaxe colaborativa Nas clases teóricas desenvolverase unha metodoloxía de aprendizaxe colaborativa, onde os diferentes temas veranse a través de actividades realizadas en grupo, facilitando o desenvolvemento dunha participación activa do alumnado.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000