Guia docente 2023_24
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Bioquímica-Física: Bioquímica e biofísica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Prácticas laboratorio: asistencia e participación en tódalas prácticas da materia. Para superar a materia é obrigatoria a asistencia a todas as sesións de prácticas e a presentación dun informe individual de cada sesión. 20 D1
D2
D3
D4
D7
Lección maxistral 2 exames parciais:
Parcial 1 (40%): Bioquímica. En horario de aula.
Parcial 2 (40%): Biofísica. En convocatoria ordinaria.
Os exames teóricos son de preguntas obxectivas (tipo test). As preguntas mal contestadas restan (2 mal restan 1 ben).
80 C6
D1
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

- Avaliación continua: Realizaranse dous exames teóricos parciais (parcial 1: correspondente ó temario de bioquímica e parcial 2: temario de biofísica) que suporán un 40% (cada un) da nota global da materia. O 20 % restante corresponderase coa nota de prácticas. A asistencia ás prácticas é obrigatoria agás nos estudantes que repitan a materia. Será obrigatoria a entrega dunha memoria por cada sesión práctica (dúas sesións) que será avaliada (20 % da cualificación global da materia). Para poder superar a avaliación continua o alumno deberá acadar máis de un 4 (sobre 10) en todos os ítems (parcial 1, parcial 2 e prácticas).

- Avaliación global: Un exame teórico único (preguntas obxectivas) que terá un valor do 100% na cualificación global da materia.

- Avaliación en 2ª oportunidade: Os alumnos con avaliación continua poderán avaliarse só do parcial que lles falte por superar ou poden escoller avaliación global (exame con todo o temario e con un valor do 100 % na cualificación global da materia).

Calquera outro criterio (p.e. asistencia a clase) rexerase polas normativas xerais e específicas da Universidade de Vigo e da Facultade de Fisioterapia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000