Guia docente 2022_23
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Resultados de Formación e Aprendizaxe


Sinale A Código Resultados de Formación e Aprendizaxe
  A1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
  A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
  A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
  A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
  A5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Sinale B Código Coñecementos
  B1 Coñecer e comprender a morfoloxía, a fisioloxía, a patoloxía e a conduta das persoas, tanto sas coma enfermas, no medio natural e social.
  B2 Coñecer e comprender as ciencias, os modelos, as técnicas e os instrumentos sobre os que se fundamenta, articula e desenvolve a fisioterapia.
  B3 Coñecer e comprender os métodos, procedementos e actuacións fisioterapéuticas, encamiñados tanto á terapéutica propiamente dita, a aplicar na clínica para a reeducación ou recuperación funcional, como á realización de actividades dirixidas á promoción e mantemento da saúde.
  B4 Adquirir a experiencia clínica axeitada que proporcione habilidades intelectuais e destrezas técnicas e manuais; que facilite a incorporación de valores éticos e profesionais; e que desenvolva a capacidade de integración dos coñecementos adquiridos.
  B5 Valorar o estado funcional do paciente, considerando os aspectos físicos, psicolóxicos e sociais.
  B6 Valoración diagnóstica de coidados de fisioterapia segundo as normas e cos instrumentos de validación recoñecidos internacionalmente.
  B7 Deseñar o plan de intervención de fisioterapia atendendo a criterios de adecuación, validez e eficiencia.
  B8 Executar, dirixir e coordinar o plan de intervención de fisioterapia, utilizando as ferramentas terapéuticas propias e atendendo á individualidade do usuario.
  B9 Avaliar a evolución dos resultados obtidos co tratamento en relación cos obxectivos marcados.
  B10 Elaborar o informe de alta dos coidados de Fisioterapia unha vez cubertos os obxectivos propostos.
  B11 Proporcionarlles unha atención de fisioterapia eficaz, outorgando unha asistencia integral aos pacientes.
  B12 Intervir nos ámbitos de promoción, prevención, protección e recuperación da saúde.
  B13 Saber traballar en equipos profesionais como unidade básica na que se estruturan de forma uni ou multidisciplinar e interdisciplinar os profesionais e demais persoal das organizacións asistenciais.
  B14 Incorporar os principios éticos e legais da profesión na práctica profesional así como integrar os aspectos sociais e comunitarios na toma de decisións.
  B15 Participar na elaboración de protocolos asistenciais de fisioterapia baseada na evidencia científica.
  B16 Levar a cabo as intervencións fisioterapéuticas baseándose na atención integral da saúde que supón a cooperación multiprofesional, a integración dos procesos e a continuidade asistencial.
  B17 Comprender a importancia de actualizar os coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que integran as competencias profesionais do fisioterapeuta.
  B18 Adquirir habilidades de xestión clínica que inclúan o uso eficiente dos recursos sanitarios e desenvolver actividades de planificación, xestión e control nas unidades asistenciais onde se poña atención en fisioterapia e a súa relación con outros servizos sanitarios.
  B19 Comunicarse de modo efectivo e claro, tanto de forma oral coma escrita, cos usuarios do sistema sanitario así como con outros profesionais.
Sinale C Código Habilidades
  C1 Coñecer e comprender a Anatomía e Fisioloxía humanas, destacando as relacións dinámicas entre a estrutura e a función, especialmente do aparato locomotor e os sistemas nervioso e cardio-respiratorio
  C2 Coñecer a estrutura do corpo humano dende o punto de vista dos medios de diagnóstico por imaxe
  C3 Coñecer e comprender os factores que inflúen sobre o crecemento e desenvolvemento humanos ao longo de toda a vida
  C4 Coñecemento e comprensión da estrutura e función do corpo humano a nivel molecular, celular, de órganos e sistemas; dos mecanismos de regulación e control das diferentes funcións
  C5 Coñecer e comprender o funcionamento dos diferentes sistemas biofísicos e bioquímicos
  C6 Coñecer e comprender os principios e teorías da física, a biomecánica, a cinesioloxía e a ergonomía, aplicables á fisioterapia
  C7 Coñecer e comprender as bases físicas dos distintos axentes físicos e as súas aplicacións en Fisioterapia
  C8 Coñecer e comprender os principios e aplicacións dos procedementos de medida baseados na biomecánica e na electrofisioloxía
  C9 Coñecer e comprender a aplicación dos principios ergonómicos e antropométricos
  C10 Coñecer e comprender os factores psicolóxicos e sociais que inflúen no estado de saúde/enfermidade do individuo, familia e comunidade
  C11 Coñecer e comprender as teorías da comunicación e das habilidades interpersonais
  C12 Coñecer e comprender as teorías da aprendizaxe a aplicar na educación para a saúde e no seu propio proceso de aprendizaxe ao longo de toda a vida
  C13 Coñecer e comprender os factores que interveñen no traballo en equipo e en situacións de liderado
  C14 Coñecer e comprender os conceptos de exploración física, valoración, diagnóstico e pronóstico; as bases teóricas das valoracións, test e comprobacións funcionais, a avaliación científica da súa utilidade e efectividade, así como as etapas e recursos do proceso de intervención de fisioterapia
  C15 Coñecer e comprender os aspectos xerais da patoloxía de etioloxía endóxena e exóxena relacionada coa fisioterapia de todos os aparatos e sistemas cos seus tratamentos médicos, cirúrxicos, fisioterapéuticos e ortopédicos
  C16 Coñecer e comprender os cambios estruturais, fisiolóxicos, funcionais e de conduta que se producen como consecuencia da intervención da Fisioterapia
  C17 Coñecer e comprender as bases teóricas da Fisioterapia como ciencia e profesión. Os modelos de actuación en Fisioterapia: O diagnóstico de Fisioterapia. Metodoloxía da investigación aplicada á Fisioterapia
  C18 Coñecer e comprender os procedementos fisioterapéuticos xenerais e os derivados doutros axentes físicos
  C19 Coñecer e comprender os Procedementos fisioterapéuticos baseados en Métodos e Técnicas específicos de actuacións fisioterapéuticas a aplicar nas diferentes patoloxías de todos os aparatos e sistemas, e en todas as da saúde, e na prevención da enfermidade. Tales métodos están referidos, entre outros: aos procesos neurolóxicos; do aparato locomotor (terapias manuais, terapias manipulativas articulares, oteopatía e quiropraxia); do aparato respiratorio; do sistema cardiocirculatorio; ás alteracións da estática e a dinámica; aos métodos específicos ortopédicos; e ás técnicas terapéuticas reflexas, alternativas ou complementarias afines ao campo de competencia da Fisioterapia
  C20 Adquisición de vocabulario propio no campo da Fisioterapia
  C21 Adquirir formación científica básica en investigación
  C22 Coñecer e comprender as teorías que sustentan a capacidade de resolución de problemas e o razoamento clínico
  C23 Coñecer e comprender os procesos de administración e xestión sanitaria, especialmente dos servizos de fisioterapia, no contexto diverso e cambiante no que esta se desenvolve
  C24 Coñecer e comprender as implicacións das disposicións organizativas e dos modelos traballo
  C25 Coñecer e comprender os criterios e indicadores que garantan a calidade na prestación do servizo de fisioterapia, mediante o uso de guías de boa práctica clínica e de estándares profesionais
  C26 Coñecer e comprender os conceptos fundamentais da saúde, os sistemas de saúde e niveis asistenciais. A Fisioterapia no proceso saúde-enfermidade
  C27 Coñecer e comprender o impacto das políticas socio-sanitarias na práctica profesional
  C28 Coñecer e comprender os factores que interveñen nos problemas de desigualdade social e nas necesidades de saúde dos diferentes grupos sociais
  C29 Coñecer e comprender as condicións éticas, legais e profesionais que conforman a práctica da Fisioterapia
  C30 Coñecer e comprender os códigos deontolóxicos da profesión
  C31 Coñecer e comprender as normas legais de ámbito profesional
  C32 Coñecer e identificar os problemas psicolóxicos e físicos derivados da violencia de xénero para capacitar aos estudantes na prevención, a detección precoz, a asistencia e a rehabilitación das vítimas desta forma de violencia
  C33 Coñecer o vocabulario Inglés imprescindible para poder entender e realizar textos no ámbito de Ciencias da Saúde
  C34 Elaborar e cumprimentar de forma sistemática a Historia Clínica de Fisioterapia completa, onde se rexistre de forma adecuada e eficaz todos os pasos seguidos dende a recepción do paciente/usuario ata o informe ao alta de Fisioterapia
  C35 Valorar o estado funcional do paciente/usuario, considerando os aspectos físicos, psicolóxicos e sociais
  C36 Determinar o Diagnóstico de Fisioterapia de acordo coas normas recoñecidas internacionalmente e cos instrumentos de validación internacionais. Esta competencia inclúe xerarquizar as necesidades do paciente/usuario para atender con prioridade aquelas que máis comprometan ao proceso de recuperación
  C37 Deseñar o Plan de Intervención de Fisioterapia. Elaborar un Plan específico de Intervención de Fisioterapia empregando habilidades de resolución de problemas e razoamento clínico: en consonancia cos recursos dispoñibles; formulando os obxectivos de intervención co usuario e, no seu caso, coas persoas significativas do seu entorno, recollendo as súas expectativas respecto da atención; seleccionando os protocolos ou procedementos máis adecuados á atención planificada, atendendo a criterios de adecuación, validez e eficiencia
  C38 Executar, dirixir e coordinar, o Plan de Intervención de Fisioterapia, atendendo ao principio da individualidade do usuario e utilizando as ferramentas terapéuticas propias da Fisioterapia, é dicir, o conxunto de métodos, procedementos, actuacións e técnicas que mediante a aplicación dos medios físicos: curan, recuperan, habilitan, rehabilitan, adaptan e readaptan ás persoas con deficiencias, limitacións funcionais, discapacidades e minusvalías; preveñen as enfermidades e promoven a saúde ás persoas que queren manter un nivel óptimo de saúde
  C39 Avaliar a evolución dos resultados obtidos co tratamento de Fisioterapia en relación aos obxectivos marcados e aos criterios de resultados establecidos. Para iso será necesario: definir e establecer os criterios de resultados; realizar a valoración da evolución do paciente/usuario; rediseñar os obxectivos segundo a valoración, si é preciso; e adecuar o plan de intervención ou tratamento aos novos obxectivos, no seu caso
  C40 Elaborar o informe ao alta de Fisioterapia. Cando considere que se cubriron os obxectivos propostos, ben por curación do proceso ou ben porque se esgotaron as posibilidades de recuperación coas medidas terapéuticas ao alcance, propoñerase a alta de Fisioterapia e elaborarase o informe pertinente
  C41 Proporcionar unha atención de Fisioterapia de forma eficaz, outorgando unha asistencia integral aos pacientes/usuarios, para o que será necesario: Interpretar as prescricións facultativas; preparar o entorno en que se levará a cabo a atención de Fisioterapia para que sexa confortable; manter informado ao paciente do tratamento que se lle aplica, explicándolle as probas e manobras que se lle practican, a preparación que requiren, e exhortarlle a que colabore en todo momento; rexistrar diariamente a aplicación da atención en Fisioterapia, a evolución e os incidentes da mesma; identificar signos e síntomas de alteración das funcións biolóxicas relacionados coa atención de Fisioterapia; controlar e interpretar os signos vitais durante a execución do tratamento diario; orientar as actividades e modo de actuación en relación cos pacientes/usuarios, do persoal non sanitario e subalterno; e avaliar a propia atención proporcionada aos pacientes/usuarios
  C42 Intervir nos ámbitos de promoción da saúde e prevención da enfermidade
  C43 Relacionarse de forma efectiva con todo o equipo pluridisciplinar. Iso inclúe: establecer os obxectivos de Fisioterapia no seo do equipo; recoller, escoitar e valorar as reflexións do resto do equipo pluridisciplinar cara ás súas actuacións; aceptar e respectar a diversidade de criterios do resto dos membros do equipo; recoñecer as competencias, habilidades e coñecementos do resto dos profesionais sanitarios; participar e integrarse nos traballos do equipo nas súas vertentes científicas e profesionais, así como de relación cos familiares, grupos de interese e institucións; facer da comunicación e o respecto aos profesionais as ferramentas de superación dos conflitos interprofesionais e de competencias
  C44 Incorporar á cultura profesional os principios éticos e legais da profesión
  C45 Incorporar a investigación científica e a práctica baseada na evidencia como cultura profesional
  C46 Analizar críticamente os métodos, protocolos e tratamentos da atención en Fisioterapia e velar porque estes se adecuen á evolución do saber científico
  C47 Desenvolver actividades de planificación xestión e control dos servizos de Fisioterapia
  C48 Aplicar os mecanismos de garantía de calidade na práctica da Fisioterapia, axustándose aos criterios, indicadores e estándares de calidade recoñecidos e validados para a boa práctica profesional
  C49 Afrontar o estrés, o que supón ter capacidade para controlarse a si mesmo e controlar a contorna en situacións de tensión
  C50 Asumir riscos e vivir en entornos de incerteza, é dicir, ter a capacidade para desempeñar unha responsabilidade sen coñecer ao 100% o resultado final
  C51 Motivar a outros. O que supón ter a capacidade de xerar nos demais o desexo de participar activamente e con ilusión en calquera proxecto ou tarefa
  C52 Aplicar os principios ergonómicos ou de hixiene postural no desenvolvemento da súa actividade
  C53 Habilidade para o manexo de instrumentos de laboratorio e de aparellos básicos para o estudo experimental
  C54 Interpretar os resultados dun experimento básico en ciencias biolóxicas e físicas
  C55 Habilidade para realizar disección básica
  C56 Capacidade para identificar os diferentes tecidos nunha disección
  C57 Capacidade de identificar elementos estruturais e alteracións da normalidade nos diferentes métodos de análises e diagnóstico a través da imaxe
  C58 Comprender e redactar textos en inglés no ámbito de Ciencias da Saúde
Sinale D Código Competencias
  D1 Comunicación oral e escrita nas linguas cooficiais da Comunidade Autónoma.
  D2 Capacidade de análise e síntese.
  D3 Capacidade de organización e planificación.
  D4 Capacidade de xestión da información
  D5 Resolución de problemas
  D6 Toma de decisións
  D7 Coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo
  D8 Comunicación a persoal cualificado como a non cualificado
  D9 Compromiso ético
  D10 Traballo en equipo
  D11 Habilidades nas relacións interpersoais
  D12 Razoamento crítico
  D13 Recoñecemento da diversidade e a multiculturalidade.
  D14 Traballo nun equipo de carácter interdisciplinar
  D15 Aprendizaxe autónoma
  D16 Motivación por a calidade.
  D17 Adaptación a novas situacións
  D18 Creatividade
  D19 Iniciativa e espírito emprendedor
  D20 Liderado
  D21 Coñecemento doutras culturas e costumes
  D22 Sensibilidade cara a temas ambientais
  D23 Traballar con responsabilidade
  D24 Manter unha actitude de aprendizaxe e mellora
  D25 Manifestar respecto, valoración e sensibilidade ante o traballo dos demais
  D26 Colaborar e cooperar con outros profesionais
  D27 Manifestar discreción
  D28 Mostrar a súa orientación ao paciente/usuario
  D29 Axustarse aos límites da súa competencia profesional
  D30 Desenvolver a capacidade para organizar e dirixir
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000