Guia docente 2023_24
Facultade de Comunicación
Máster Universitario en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais
 Resultados de Formación e Aprendizaxe


Sinale A Código Resultados de Formación e Aprendizaxe
  A1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
  A2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
  A3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
  A4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
  A5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigida ou autónoma.
Sinale B Código Coñecementos
  B1 Capacidade para integrarse en equipos de traballo multidisciplinares
  B2 Capacidade de liderado
  B3 Capacidade para a organización do traballo
Sinale C Código Habilidades
  C1 Coñecemento da estrutura do ecosistema comunicativo na sociedade dixital, así como dos usos, comportamentos e códigos dos distintos suxeitos que o conforman.
  C2 Capacidade de optimizar a selección e aplicación de ferramentas TIC no ámbito académico e profesional.
  C3 Capacidade para integrar a dirección de comunicación dixital dentro da estratexia de comunicación global dunha organización.
  C4 Capacidade para identificar e definir públicos, obxectivos e mensaxes da comunicación institucional no contexto dixital.
  C5 Habilidade para deseñar e implantar un plan de comunicación dixital e desenvolver campañas de comunicación en redes sociais e medios dixitais.
  C6 Habilidade para deseñar a estratexia de contidos de acordo cos obxectivos de comunicación fixados e de desenvolvelos dentro das liñas estratéxicas da organización.
  C7 Coñecemento das principais fontes, métricas e ferramentas para medir a eficacia en redes sociais e comunicación dixital.
  C8 Capacidade de interpretación e análise de métricas sociais.
  C9 Capacidade para avaliar a eficacia e retorno das accións en medios dixitais e redes sociais.
  C10 Capacidade para seleccionar e contratar canles de difusión de campañas de comunicación en medios dixitais e sociais.
  C11 Capacidade para implementar, adaptar e manter os sistemas de xestión de contidos (CMS) de referencia.
  C12 Capacidade para redactar contidos de marca para blogues, webs e redes sociais dentro da estratexia de comunicación dixital dunha organización.
  C13 Coñecemento das técnicas e usos da redacción e maquetación de contidos para internet.
  C14 Coñecemento dos elementos técnicos, legais, narrativos e artísticos para a creación e publicación de fotografías, gráficos, vídeo, audio e animación na internet e redes sociais.
  C15 Coñecemento sobre as ferramentas e dispositivos de fotografía, gravación de vídeo e audio, edición e distribución, optimizadas para internet e redes sociais.
  C16 Capacidade para rexistrar, editar e distribuír fotografía, vídeo e audio de acordo con estándares optimizados para internet e as distintas redes sociais.
  C17 Coñecemento sobre as ferramentas de deseño gráfico e visualización de datos optimizados para internet e redes sociais.
  C18 Capacidade para elaborar deseños e infografías optimizadas para cada canle de comunicación dixital.
  C19 Coñecemento dos contextos e procesos do emprendemento empresarial.
  C20 Capacidade para elaborar un plan de negocio.
Sinale D Código Competencias
  D1 Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
  D2 Capacidade para comunicarse por oral e por escrito en lingua galega
  D3 Sustentabilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos
  D4 Habilidade para a xestión da marca persoal e a propia reputación dixital.
  D5 Habilidade para a integración e aplicación de coñecementos nun proxecto de comunicación dixital.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000