Guia docente 2019_20
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Máster Universitario en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais
 Competencias


Carácter CB Código Competencias Básicas
  CB1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
  CB2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
  CB3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
  CB4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
  CB5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigida ou autónoma.
Carácter CG Código Competencias Xerais
  CG1 Capacidade para integrarse en equipos de traballo multidisciplinares
  CG2 Capacidade de liderado
  CG3 Capacidade para a organización do traballo
Carácter CE Código Competencias Específicas
  CE1 Coñecemento da estrutura do ecosistema comunicativo na sociedade dixital, así como dos usos, comportamentos e códigos dos distintos suxeitos que o conforman.
  CE2 Capacidade de optimizar a selección e aplicación de ferramentas TIC no ámbito académico e profesional.
  CE3 Capacidade para integrar a dirección de comunicación dixital dentro da estratexia de comunicación global dunha organización.
  CE4 Capacidade para identificar e definir públicos, obxectivos e mensaxes da comunicación institucional no contexto dixital.
  CE5 Habilidade para deseñar e implantar un plan de comunicación dixital e desenvolver campañas de comunicación en redes sociais e medios dixitais.
  CE6 Habilidade para deseñar a estratexia de contidos de acordo cos obxectivos de comunicación fixados e de desenvolvelos dentro das liñas estratéxicas da organización.
  CE7 Coñecemento das principais fontes, métricas e ferramentas para medir a eficacia en redes sociais e comunicación dixital.
  CE8 Capacidade de interpretación e análise de métricas sociais.
  CE9 Capacidade para avaliar a eficacia e retorno das accións en medios dixitais e redes sociais.
  CE10 Capacidade para seleccionar e contratar canles de difusión de campañas de comunicación en medios dixitais e sociais.
  CE11 Capacidade para implementar, adaptar e manter os sistemas de xestión de contidos (CMS) de referencia.
  CE12 Capacidade para redactar contidos de marca para blogues, webs e redes sociais dentro da estratexia de comunicación dixital dunha organización.
  CE13 Coñecemento das técnicas e usos da redacción e maquetación de contidos para internet.
  CE14 Coñecemento dos elementos técnicos, legais, narrativos e artísticos para a creación e publicación de fotografías, gráficos, vídeo, audio e animación na internet e redes sociais.
  CE15 Coñecemento sobre as ferramentas e dispositivos de fotografía, gravación de vídeo e audio, edición e distribución, optimizadas para internet e redes sociais.
  CE16 Capacidade para rexistrar, editar e distribuír fotografía, vídeo e audio de acordo con estándares optimizados para internet e as distintas redes sociais.
  CE17 Coñecemento sobre as ferramentas de deseño gráfico e visualización de datos optimizados para internet e redes sociais.
  CE18 Capacidade para elaborar deseños e infografías optimizadas para cada canle de comunicación dixital.
  CE19 Coñecemento dos contextos e procesos do emprendemento empresarial.
  CE20 Capacidade para elaborar un plan de negocio.
Carácter CT Código Competencias Transversais
  CT1 Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
  CT2 Capacidade para comunicarse por oral e por escrito en lingua galega
  CT3 Sustentabilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos
  CT4 Habilidade para a xestión da marca persoal e a propia reputación dixital.
  CT5 Habilidade para a integración e aplicación de coñecementos nun proxecto de comunicación dixital.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000