Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
Máster Universitario en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais
 Materias
  Prácticas profesionais 2
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

De acordo co aprobado na Comisión Académica de Grao o 28 de abril de 2020, a comisión aprobou un mecanismo alternativo de avaliación no caso de que non se puidesen realizar as prácticas nin de xeito presencial nin telemático.
Proponse, en consecuencia, a demostración das competencias adquiridas a través da análise, definición de obxectivos e buyer persona, e planificación e desenvolvemento de contidos para as redes sociais e o blog do mestrado.
O proceso dividiríase por trimestres, para evitar a coincidencia temporal do alumnado, e recolleríase nun informe dun máximo de 30 páxinas que sería corrixido polo coordinador de prácticas coa supervisión do coordinador do grao.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000