Guia docente 2023_24
Facultade de Comunicación
Máster Universitario en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais
 Materias
  Fotografía para web e redes sociais
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
En caso de non ser posible a presencialidade, a parte teórica da materia impartirase a través de videoconferencia usando as plataformas propias da universidade e de maneira sincrónica, inda que se gravarán as clases para facilitar o posterior acceso.

O contido e a organización do curso será o mesmo, así como o traballo persoal e a presentación do proceso de evolución do mesmo.

As titorías realizaranse tamén mediante a plataforma de videoconferencia da UVigo

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Seminario: [Peso anterior 10%] [Peso Proposto 0%]
Traballo Tutelado: : [Peso anterior 90%] [Peso Proposto 100%]
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000