Guia docente 2023_24
Facultad de Comunicación
Máster Universitario en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais
 Materias
  Redación para medios dixitais e redes sociais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Observación sistemática Percepción atenta, racional, planificada e sistemática para describir e rexistrar as manifestacións do comportamento do alumnado. 10 C13
D1
D2
Traballo O ou a estudante, de maneira individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. sobre a primeira parte da materia. 30 A4
C12
D1
D2
D4
Traballo O ou a estudante, de maneira individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. sobre a segunda parte da materia. 30 A4
C12
D1
D2
D4
Traballo O ou a estudante, de maneira individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. sobre a terceira parte da materia. 30 A4
C12
D1
D2
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación









Todos os alumnos e alumnas deben superar cada un dos items de avaliación propostos, con polo menos o 50% da nota posible, para poder superar a materia. De non ser así se suspenderá. Na segunda oportunidade se terá en conta o mesmo sistema de avaliación e criterios establecidos na primeira convocatoria.

É necesario entregar todos os traballos propostos para aprobar a materia, tanto na primeira como na segunda convocatoria.

AVALIACIÓN GOBAL DA MATERIA

O alumnado deberá informar o docente da súa renuncia expresa ao sistema de avaliación continua no prazo establecido polo centro, achegando cuberto e asinado o documento habilitado para tal fin.

A proba de avaliación global realizarase na data e hora fixada polo centro no calendario oficial de exames. O/o alumno/a deberá superar todas e cada unha das probas de avaliación previstas que se detallan a continuación, obtendo unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10 en cada unha delas.

Dada a extensión das probas, os/as alumnos/as que realicen a avaliación global deberán dispoñer de 4 horas para realizalas desde a hora oficial de inicio do exame da materia segundo o calendario oficial.

Breve descrición das probas globais.

Proba 1. Exame teórico. O exame teórico, que se fará na hora sinalada como inicio da proba no calendario oficial, ten un valor do 40% da nota total e é necesario obter unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10 para aprobar esta parte. Unha cualificación máis baixa non servirá como media con outras probas.

Proba 2. Actividade práctica. Unha vez finalizado o exame teórico e tras realizar un descanso de 15 minutos, os/as alumnos/as de avaliación continua deberán asistir á sala de prácticas habitual co docente e alí dispoñerán de 3 horas (desde a hora de inicio da proba) para realizar tres actividades prácticas similares ás que realizaron os/as alumnos/as de avaliación continua. Cada unha delas terá un valor do 20% da nota total. Para superar esta parte é necesario obter unha cualificación mínima de 5 sobre 10 puntos en cada un dos traballos. Unha cualificación máis baixa non servirá como media con outras probas.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000