Guia docente 2023_24
Facultad de Comunicación
Máster Universitario en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais
 Materias
  Estratexia de contidos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Sesións de aula participativas para profundar sobre aspectos teóricos e prácticos relacionados cos contidos da materia. Avalíase asistencia, participación e entregas de tarefas elaboradas na aula 40 A1
C6
C14
Traballo tutelado Aplicación dos contidos da materia a un traballo tutelado que consistirá na creación dunha estratexia e plan de contidos 40 C6
C12
D2
Presentación Presentación oral do traballo tutelado 20 C6
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

OUTRAS INDICACIÓNS SOBRE A AVALIACIÓN CONTÍNUA

- O traballo tutelado está formado por un traballo escrito e a presentación oral da proposta.

- É necesario aprobar cada un dos traballos propostos para superar a materia, con polo menos o 50% da nota. De non ser o caso, o/a estudante terá un suspenso na materia.

- Na segunda oportunidade terase en conta o mesmo sistema de avaliación e os criterios establecidos para a primeira oportunidade, aínda que os traballos e actividades realizaranse de forma individual.

INDICACIÓNS SOBRE A AVALIACIÓN GLOBAL

- O sistema de avaliación global aplícase áquel ou áquela estudantes que de forma expresa renuncien ao sistema de avaliación continua, que é o sistema recomendado para cursar esta materia.

- Esta renuncia debe facerse no primeiro mes de docencia da materia, seguindo as indicacións de protocolo aprobadas na Xunta de Facultade de Comunicación e despois de ser informado/a a docente.

- O sistema de avaliación global estará composto por un exame oficial de carácter teórico (40%) e a elaboración dun traballo que supón un dossier escrito (40%) e unha presentación oral (20%), que se realizará de forma individual. Este traballo consistirá na creación dunha marca coa planificación da súa estratexia e plan de contidos para medios sociais.

- Deberanse aprobar cada unha das tres probas por separado para poder superar a materia.

- As probas de avaliación global realizaranse unicamente na data oficial aprobada polo centro.

- O traballo non se recollerá fóra dese data oficial.

- Non se ofrecerán sesións de tutorización que consistan na explicación de contidos teóricos ou prácticos vistos nas sesións presenciais.

- Non se ofrecerá material adicional ao incorporado na plataforma de teledocencia Moovi para aqueles estudantes que renuncien ao sistema de avaliación continua.

Outros aspectos a ter en conta

Esta materia impártese en modo PRESENCIAL, polo que é deber do alumnado asistir ás sesións docentes no horario establecido polo centro.

Como xa se indicou ao explicar o sistema de avaliación continua, en todas as sesións tomarase nota dos membros asistentes (Folla de asinaturas indicando nome, DNI e sinatura).

Esta normativa é aplicable a todos os alumnos e alumnas matriculados nesta materia, SEN EXCEPCIÓN.

A guía docente presenta o enfoque xeral da asignatura. Por motivos de extensión e debido á imposibilidade de subir documentación complementaria na plataforma Docnet, os detalles máis concretos sobre o sistema de avaliación global xestionaranse en tempo e forma a través da plataforma Moovi.

Todo o non contemplado e/ou detallado expresamente nesta guía será regulado polas indicacións do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (Aprobado no claustro do 18 de abril de 2023). Dispoñible en: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/565
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000