Guia docente 2023_24
Facultad de Comunicación
Máster Universitario en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais
 Materias
  Dirección estratéxica de comunicación dixital
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Valorarase a través da observación cuantificada a asistencia e participación (tanto en termos cuantitativos como cualitativos) nas sesións de seminario da materia. 30 A2
B2
C3
Traballo tutelado Traballo consistente no informe de diagnóstico dunha marca para o posterior desenvolvemento do plan de social media. 30 C3
C4
C5
D5
Traballo tutelado Traballo consistente na presentación dunha oferta para a creación de contidos dixitais para unha administración a través dun concurso público.
30 C3
C4
C5
D5
Resolución de problemas Resolución dun exercicio formulado durante as sesións docentes. 10 A2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA

Todos os alumnos e alumnas deben superar cada un dos items de avaliación propostos, con alomenos o 50% da nota posible, para poder superar a materia. De non ser o caso, conlevará o suspenso na materia. Na segunda oportunidade terase en conta o mesmo sistema de avaliación e criterios establecidos para a primeira oportunidade.

AVALIACIÓN GLOBAL

No caso do alumnado que renuncie expresamente ao procedemento de avaliación continua, a avaliación efectuarase mediante un exame final de tipo práctico na data oficial de exames. O exame terá un valor de 10 puntos e será necesario obter unha cualificación mínima de 5 puntos para aprobar a materia.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000