Guia docente 2016_17
Facultad de CC. Sociales y de la Comunicación
Máster Universitario en Dirección Pública e Liderado Institucional
 Materias
  Inglés Aplicado á Xestión Pública
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Na primeira sesión o alumnado realizará un exame diagnóstico autocorrectivo para determinar o seu nivel.
Foros de discusión Na plataforma da materia haberá dous foros:
O primeiro será un Foro de Novas, onde a docente publicará notificacións sobre os contidos, calendario, exercicios, etc.
O segundo será un Foro de Dúbidas, onde o alumnado poderá publicar mensaxes sobre cuestións específicas relacionadas cos contidos, metodoloxía e avaliación da materia, que serán contestadas pola docente.
Prácticas autónomas a través de TIC Para cada unha das tres unidades que comprende o curso, haberá unha serie de exercicios e probas a través da plataforma, que o alumnado terá que completar e enviar en tempo e forma. A maior parte destas probas serán puntuadas.
Titoría en grupo Cando sexa necesario, a docente convocará titorías virtuais para todo o alumnado para resolver dúbidas, obter e facilitar feedback e intercambiar impresións.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000