Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
Máster Universitario en Dirección Pública e Liderado Institucional
 Materias
  Xestión da Información e Metodoloxía para a Elaboración de Resultados
   Competencias
Código Descrición
CB2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e se enfrontar á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CG4 Habilidade para recuperar e analizar información de diversas fontes.
CE2 Entender os fundamentos da xestión de información e documentación para o desenvolvemento, elaboración e defensa dunha investigación no eido das ciencias sociais tanto en castelán coma en inglés.
CT1 Capacidade de argumentar e defender ideas en base a criterios científicos.
CT2 Capacidade de crítica e auto-crítica.
CT4 Capacidade para comunicarse con expertos do mesmo eido e doutros eidos afíns así como con públicos non especializados.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000