Guia docente 2019_20
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Máster Universitario en Dirección Pública e Liderado Institucional
 Materias
  Xestión da Información e Metodoloxía para a Elaboración de Resultados
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2019_20
Materia Xestión da Información e Metodoloxía para a Elaboración de Resultados Código P04M125V01207
Titulacion
Máster Universitario en Dirección Pública e Liderado Institucional
Descriptores Cr.totais Carácter Curso Cuadrimestre
3 OB 1 2c
Lingua impartición
Castelán
Prerrequisitos
Coordinador/a
Varela Álvarez, Enrique José
Correo-e evalvarez@uvigo.es
Profesorado
Álvarez Ballesteros, Marta
Castro Rey, Héctor Carlos
Varela Álvarez, Enrique José
Web http://www.faitic.es
Descrición xeral A través desta materia faremos un percorrido polas fontes e recursos de información necesarios para abordar e defender un traballo de investigación, coñeceremos os pasos para realizar unha procura bibliográfica exitosa, así como un conxunto de aplicacións que vos axudarán a xestionar a información recuperada e mantervos ao día nos vosos temas de interese.

Nun ambiente universitario como o noso, a maior aprendizaxe provén da experimentación e das boas prácticas que sexamos capaces de compartir con outros colegas, o cal neste tipo de cursos toma unha importancia decisiva.

Neste sentido, e dado que a materia pretende ser eminentemente práctica, pedímosvos a vosa participación activa. Esa participación concrétase na lectura das unidades que conforman a materia, na vosa intervención nos foros e no chat expondo as vosas dúbidas e consultas e na realización das
actividades prácticas que se expoñen.

O obxectivo final é que os contidos desta materia séxanvos de utilidade tanto para a elaboración do traballo Fin de Máster como para o desenvolvemento da vosa carreira profesional. Desde agora, grazas pola vosa colaboración.

Esperamos e desexamos que esta experiencia sexa en grao sumo satisfactoria para todos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000