Código |
Descrición |
CB3 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e se enfrontar á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. |
CB4 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades. |
CG1 |
Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance do coñecemento no eido da xestión pública a través dunha investigación orixinal. |
CG6 |
Habilidade para deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos innovadores no eido da xestión pública e das ciencias sociais en xeral. |
CG7 |
Capacidade para xerar novas ideas (creatividade) que permita o avance do coñecemento da xestión pública. |
CE10 |
Coñecer os compoñentes e lóxica interna de cada unha das fases das políticas públicas de xeito exhaustivo. |
CT2 |
Capacidade de crítica e auto-crítica. |
CT3 |
Capacidade de traballo en equipo interdisciplinar. |