Guia docente 2020_21
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Máster Universitario en Dirección Pública e Liderado Institucional
 Materias
  Políticas Públicas. Da Análise do Problema á Implementación
   Competencias
Código Descrición
CB3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e se enfrontar á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
CG1 Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance do coñecemento no eido da xestión pública a través dunha investigación orixinal.
CG6 Habilidade para deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos innovadores no eido da xestión pública e das ciencias sociais en xeral.
CG7 Capacidade para xerar novas ideas (creatividade) que permita o avance do coñecemento da xestión pública.
CE10 Coñecer os compoñentes e lóxica interna de cada unha das fases das políticas públicas de xeito exhaustivo.
CT2 Capacidade de crítica e auto-crítica.
CT3 Capacidade de traballo en equipo interdisciplinar.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000