Guia docente 2016_17
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Máster Universitario en Dirección Pública e Liderado Institucional
 Materias
  Liderado Público. Xestión de Persoas e Equipos de Alto Rendemento
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2016_17
Materia Liderado Público. Xestión de Persoas e Equipos de Alto Rendemento Código P04M125V01108
Titulacion
Máster Universitario en Dirección Pública e Liderado Institucional
Descriptores Cr.totais Carácter Curso Cuadrimestre
3 OB 1 1c
Lingua impartición
Castelán
Prerrequisitos
Coordinador/a
López Viso, Mónica
Correo-e mviso@uvigo.es
Profesorado
López Viso, Mónica
Natera Peral, Antonio
Web http://www.faitic.es
Descrición xeral A presente materia, inserida no programa formativo do Máster Universitario en liña de Dirección Pública e Liderado Institucional da Universidade de Vigo, pretende.

-Dar a coñecer as principais teorías ou enfoques do estudo do liderado na literatura académica de xestión directiva.

-Facilitar a comprensión dos elementos ou factores fundamentais para a análise do liderado público.

-Propor unha reflexión acerca dos problemas e dificultades para concretar o impacto do liderado no ámbito público e a valoración do seu éxito.

Igualmente, ao longo do curso preténdese abarcar o concepto, principios de desenvolvemento e principais habilidades vinculados á xestión de equipos de traballo. Para iso, o fío argumental da segunda parte do curso arrinca da interpretación do concepto de equipo, do coñecemento das súas características e evolución e culmina na achega de técnicas básicas para garantir o seu funcionamento e mellorar o rendemento dos integrantes.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000