Guia docente 2019_20
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Máster Universitario en Dirección Pública e Liderado Institucional
 Materias
  A Dirección de Persoas como Eixo do Cambio nas Organizacións Públicas
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2019_20
Materia A Dirección de Persoas como Eixo do Cambio nas Organizacións Públicas Código P04M125V01107
Titulacion
Máster Universitario en Dirección Pública e Liderado Institucional
Descriptores Cr.totais Carácter Curso Cuadrimestre
3 OB 1 1c
Lingua impartición
Castelán
Prerrequisitos
Coordinador/a
Varela Álvarez, Enrique José
Correo-e evalvarez@uvigo.es
Profesorado
Ramio Mata, Carles
Varela Álvarez, Enrique José
Web http://www.faitic.es
Descrición xeral Estimados colegas, benvidos a esta materia sobre dirección de persoas como eixo de cambio nas organizacións públicas. Podedes mirar o vídeo de presentación desta materia. Os obxectivos son:
Coñecer mellor a organización e estrutura dos recursos humanos nas administracións públicas de España.
Entender a diferenza e alcance da dirección de persoal versus a dirección de persoas.
Analizar as estratexias de motivación dos empregados públicos que deben exercer os directivos.
Estudar as organizacións como sistemas de poder, organización informal e o conflito. O directivo debe
tamén liderar a organización informal (a real), xestionar o conflito e entender e canalizar a cultura
organizativa.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000