Guia docente 2023_24
Facultad de Comunicación
Máster Universitario en Dirección de Arte en Publicidade
 Materias
  Produción para medios audiovisuais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Sesión maxistral Avaliarase a aplicación práctica dos contidos abordados nun traballo que se entrega tras a impartición do módulo. 20 A2
B2
C1
Prácticas con apoio das TIC Aproveitamento de sesións prácticas explicativas para a aplicación práctica dos contidos abordados nas sesións maxistrais 40 A5
B2
B6
C7
Traballo tutelado Deseño, realización, edición e postprodución dunha peza publicitaria audiovisual sobre un produto, servizo ou idea seguindo a estratexia corporativa predefinida 40 A2
A5
B2
B4
B6
C1
C7
C14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno poderá optar a dous tipos de cualificación: avaliación continua e avaliación global

1-    Avaliación continua:

Aplicaranse as porcentaxes e conceptos anteriores (Lección maxistral, Prácticas con apoio das TIC e traballo tutelado). A nota final será a nota media dos 3 apartados, segundo as súas porcentaxes relativas. Conservaranse as cualificacións das partes aprobadas para a seguinte convocatoria.

Na segunda edición aplicaranse os mesmos criterios. Todos os detalles referidos ás prácticas, traballo tutelado, calendario de entrega, os criterios de corrección, así como as cualificacións, publicaranse na plataforma MOOVI. Será responsabilidade do alumno estar ao cabo desta información, xa que non se facilitará por ningún outro medio.

A asistencia presencial ás sesións teóricas e prácticas no horario establecido é obrigatoria. As prácticas realizaranse principalmente en clase, polo que a asistencia será controlada. Non se avaliarán os traballo e prácticas entregados fóra de prazo.

 

2 - Avaliación global:

De conformidade co disposto no Regulamento de avaliación, cualificación e calidade docente e no proceso de aprendizaxe do alumnado, o estudante que non opte pola modalidade de avaliación continua terá dereito a unha proba global nas datas que determine a Facultade. Será unha única proba que permitirá ao alumnado cualificar entre 0 e 10, igual que na avaliación continua.

Esta posibilidade deberá ser solicitada expresamente polo estudante, con antelación e seguindo os trámites que determine o Decanato da Facultade, e suporá a anulación automática de todas as cualificacións obtidas pola modalidade de avaliación continua.

O devandito procedemento poderase consultar na plataforma MOOVI. Non se admitirán solicitudes transcorrido o prazo establecido e, unha vez recoñecido o dereito, non se poderá desistir do mesmo.

As probas realizaranse na data e hora oficialmente establecidas pola Facultade. Como norma xeral, a duración desta proba oficial é de dúas horas. Para a avaliación global, cada alumno necesitará 3 horas adicionais (5 desde o inicio da proba) para realizala. Constará do seguinte:

·      1º - Exame teórico (30% da nota). Exame de preguntas de desenvolvemento no que se plantexarán cuestións realacionadas cos contidos tratados na lección maxistral e que estará a disposición dos alumnos/as na plataforma Moovi

·      2º - Traballo final (40% da nota). Similar á proposta na avaliación continua. O alumno entregarao o día da proba final de avaliación un máster de emisión final que consistirá no deseño, realización, edición e postprodución dunha peza publicitaria audiovisual sobre un produto, servizo ou idea seguindo a estratexia corporativa predefinida

·      3º - Proba Práctica (30% da nota). Realización dunha proba de carácter práctico empregando os medios e espacios da Facultade. Esta proba realizarase despois do exame teórico e terá unha duración máxima de 3 horas. 

A nota final será a nota media das 3 partes, segundo as súas correspondentes porcentaxes. 

Na segunda oportunidade (xullo) aplicaranse os mesmos criterios.

Todos os detalles da estrutura do exame, as declaracións de traballos e prácticas, o calendario de entrega, os criterios de corrección, así como as cualificacións, publicaranse na plataforma MOOVI.Será responsabilidade do alumno estar atento a esta información, xa que non se facilitará por ningún outro medio. Calquera aspecto non previsto nesta guía resolverase en función do citado Regulamento de avaliación, cualificación e calidade da ensinanza e do proceso de aprendizaxe do alumnado:

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/565

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000